Javonte Green
Javonte Green, nado o 23 de xullo de 1993 en Petersburg, Virxinia, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Santa Cruz Warriors da NBA G League.
![]() (2018) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 23 de xullo de 1993 ![]() Petersburg, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Brunswick High School (en) ![]() Radford University (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 196 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 93 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2015 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Montenegro ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Escolta ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria profesional
editarO 11 de setembro de 2015, Green asinou co CB Peixefresco da LEB Prata.[1] Na súa primeira tempada coma profesional, foi escollido coma mellor xogador da LEB Prata tras acadar 18 puntos, 6.7 rebotes e 2.2 roubos por encontro.
O 11 de xullo de 2016, asinou co Pallacanestro Trieste da Serie A2 Basket italiana, onde xogou durante dúas tempadas.[2] Ó remate da súa segunda tempada en Italia, Green foi chamado polos Phoenix Suns para xogar a Liga de Verán da NBA de 2017.[3]
O 25 de xullo de 2018, Green asinou co ratiopharm Ulm da Basketball Bundesliga.[4]
O 18 de xullo de 2019, Green asinou un contrato de dúas tempadas cos Boston Celtics.[5] Green debutou na NBA o 25 de outubro de 2019 contra os Toronto Raptors, na vitoria de Boston por 112-106.[6]
O 25 de marzo de 2021, Green foi traspasado ós Chicago Bulls nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Washington Wizards.[7]
Notas
editar- ↑ "Javonte Green Signs Pro Contract with Marin Peixegalego". RadfordAthletics.com. 11 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2019. Consultado o 4 de agosto de 2019.
- ↑ "Javonte Green se va de Marín a Italia al fichar por el Trieste". La Voz de Galicia. 12 de xullo de 2016. Consultado o 4 de agosto de 2019.
- ↑ "Suns' Javonte Green: Headed to summer league with Suns". CBSSports.com. 1 de xullo de 2018.
- ↑ "Ulm acquires Javonte Green". EuroHoops.net. 25 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2019. Consultado o 4 de agosto de 2019.
- ↑ McMahon, Michael (18 de xullo de 2019). "Celtics Rumors: Boston Signing Javonte Green To Two-Year Contract". NESN.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2019. Consultado o 4 de agosto de 2019.
- ↑ "Brown scores 25, Celtics rally late to beat Raptors 112-106". ESPN.com. Associated Press. 25 de outubro de 2019. Consultado o 25 de outubro de 2019.
- ↑ "Bulls complete three-team trade with Wizards & Celtics". NBA.com. 25 de marzo de 2021. Consultado o 26 de marzo de 2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Perfil en RealGM.com (en inglés)