Javier Nart

político español

Javier Nart Peñalver, nados en Laredo o 19 de agosto de 1947, é un avogado, político, antigo correspondente de guerra, escritor e analista español, ademais de interlocutor en numerosos programas de radio e televisión. É deputado do Parlamento Europeo dentro do grupo Renovar Europa.

Infotaula de personaJavier Nart

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de agosto de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Laredo, España Editar o valor em Wikidata
Eurodeputado

2 de xullo de 2019 –

Circunscrición electoral: España

Eurodeputado

1 de xullo de 2014 – 1 de xullo de 2019

Circunscrición electoral: España

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona - licentiate degree in law (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Camboxa
Estado de Palestina
Laos
Irán
Iraq
Líbano
Iemen
Cimbabue
Bruxelas
Nicaragua
Chad Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncorrespondente de guerra (1977–1984), xornalista , presentador de televisión , avogado , escritor , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticopolítico independente (2019–)
Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía (2012–2019)
Partido Socialista Popular (–1978)
Partido Socialista Obrero Español (1978–1993) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Q64821301 Traducir (2015–2019) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Participou en
14 de marzo de 2018Manifesto for History and Freedom (en) Traducir
19 de xuño de 2002Manifesto Against the Death of the Spirit and the Earth (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1368648 Facebook: Javier-Nart-61153940488 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Aínda que naceu na localidade de Laredo, dende neno residiu en Bilbao. O seu pai era notario.[1]

Carreira xornalística editar

A súa traxectoria profesional pasa en primeiro lugar pola súa etapa como correspondente de guerra, entre 1977 e 1984, nas zonas máis conflitivas do planeta: a Nicaragua sandinista, Iemen, Zimbabue, o Líbano, Palestina, Camboxa, Laos, Irán, Iraq ou o Chad, entre outras.

Posteriormente convértese en promotor e relator da Comisión de Xuristas españois nos territorios ocupados en Palestina, e asume o cargo de asesor en temas de política internacional na Presidencia do Goberno e no Ministerio de Asuntos Exteriores entre 1984 e 1988.

Presente en televisión en España dende finais dos anos 80, participou en espazos de debate e faladoiro en distintas cadeas de televisión. Iniciouse nesta modalidade de xornalismo televisado co programa de TVE Tribunal Popular (1989-1991), no que semanalmente se simulaba un xuízo contra unha causa de especial actualidade, e no que Javier Nart asumía o papel de fiscal fronte a Ricardo Fernández Deu no rol de avogado defensor. Posteriormente presentou o programa divulgativo La Ley del Jurado (1994) tamén en TVE[2] e participou no espazo de debate Moros y cristianos (1997-2001) de Telecinco, Al descubierto (2001), de Antena 3 ou no faladoiro político do programa de María Teresa Campos en Telecinco Día a día (2000-2004). Outros espazos nos que participou son: Audiencia Pública (2000), Crónicas marcianas ou Panorama de actualidade. En radio participa no faladoiro de Protagonistas de Luis del Olmo desde os anos noventa. Tivo tamén aparicións televisivas no debate de Telemadrid, Madrid Opina (2007-2010), no El gato al agua de Intereconomía TV, onde foi interlocutor desde 2008, e tamén o programa de Antena 3 Espejo público desde 2010 en ambos os casos até a súa elección como europarlamentario.

Carreira política editar

PSP e PSOE editar

Enraizado ideoloxicamente no socialismo democrático, durante a Transición foi secretario xeral do Partido Socialista Popular Catalán (PSPC), póla do Partido Socialista Popular. Tras a incorporación do PSP ao PSOE afiliouse a este partido, abandonándoo a principios da década de 1990 por rexeitamento aos escándalos que afectaron o Goberno socialista da época.

Dende hai anos é cónsul honorario da República do Chad en España, país do que recibiu condecoración. Esta condición permitiulle desempeñar un papel decisivo na liberación dos tripulantes detidos nese país polo caso da ONG francesa A Arca de Zoé en novembro de 2007.

Cidadáns-Partido da Cidadanía editar

Na actualidade apoia o partido Cidadáns-Partido da Cidadanía. Nas eleccións autonómicas de Cataluña de 2012 pechaba lista pola circunscrición de Barcelona. O 22 de febreiro de 2014 foi elixido en primarias para encabezar a candidatura de Cidadáns ás eleccións europeas dese ano. Ó conseguir este partido dous escanos, Javier Nart é dende entón eurodeputado.[3] Exerceu como un dos vicepresidentes do Grupo da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa (ALDE) na lexislatura 2014-2019 da eurocámara.[4] Renovou o seu escano no Parlamento Europeo nas eleccións europeas de maio de 2019, nas que concorreu como número 5 da lista de Cs. O 24 de xuño de 2019, presentou a súa dimisión como membro da executiva de Cs, despois da votación na que a dirección reafirmou o veto á negociación co PSOE.[5]

En setembro de 2019, anunciou a través dun comunicado que deixaba de manter a súa condición de afiliado en Cs, aínda que mantería o escano de deputado no Parlamento Europeo, «defendendo o programa de Cs» co que a formación se presentou ás eleccións europeas de 2019.[6]

Bibliografía editar

Publicou varios libros sobre as súas viaxes e corresponsalías de guerra:

  • Viaje al otro Brasil: del Mato Grosso a la Amazonia y al nordeste Atlántico (2002).
  • ¡Sálvese quien pueda! Mis historias e histerias de guerra (2003).
  • Guerrilleros. El pueblo español en armas contra Napoleón, 1808-1814 (2007).
  • Viaje al Mekong. Cabalgando el dragón por Tailandia, Laos, Camboya y Vietnam (2007).
  • Viaje al desierto: de Kano a El Cairo (2007).
  • Nunca la nada fue tanto (2016).

Polémicas editar

Conta en Suíza editar

Segundo indicou o propio Javier Nart nunha entrevista da 8, o seu pai abriu unha conta en Suíza para manter a salvo o seu diñeiro de ETA, que lle esixía o pago do imposto revolucionario. Javier Nart tamén declara que, anos máis tarde, repatriou todo o diñeiro herdado desta conta suíza.[7] Por outra banda, Nart recoñeceu recibir en 2008 "por erro" 31 000 € de Félix Millet na súa conta dun banco suízo, polo que foi relacionado co caso Palau.[8][9]

Notas editar

  1. ""Nacín en Laredo, onde o meu pai era notario. ". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 18 de novembro de 2016. 
  2. El País (ed.). "TVE-1 trata de acercar la justicia al ciudadano con 'La ley del jurado'". 
  3. "Javier Nart, elegido en primarias para encabezar la candidatura de Ciudadanos en las europeas". El Mundo. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2016. Consultado o 18 de novembro de 2016. 
  4. Javier Nart European Parliament
  5. "El eurodiputado Javier Nart se suma a Toni Roldán y también abandona la dirección de Ciudadanos". eldiario.es. 24 de xuño de 2019. 
  6. "Javiert Nart abandona Ciudadanos pero continúa como eurodiputado en la delegación del partido". 5 de setembro de 2019. 
  7. "El filandón con Javier Nart: ver minuto 22:45". Edigrup Media. 
  8. "Javier Nart cobró por un error bancario 31.900 euros de una cuenta suiza de Fèlix Millet". La Voz de Barcelona. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2016. Consultado o 18 de novembro de 2016. 
  9. "Javier Nart cobró por un error del banco 31.000 euros de la cuenta suiza de Milliet". Internet Archive (El Periódico). Archived from the original on 23 de maio de 2012. Consultado o 18 de novembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar