Kike Saverio

(Redirección desde «Javier Enrique Delgado Saverio»)

Javier Enrique Delgado Saverio, coñecido como Kike Saverio, nado en Xénova o 19 de xuño de 1999, é un futbolista que xoga como extremo esquerdo no Aris Salónica, da Super Liga de Grecia. Conta con tripla nacionalidade (italiana, ecuatoriana e española).

Kike Saverio
Información persoal
Nome Javier Enrique Delgado Saverio
Nacemento 19 de xuño de 1999
Lugar de nacemento Xénova
Altura 1,78 m.
Posición Extremo esquerdo
Información de club
Club actual Aris Salónica
Número 11
Carreira xuvenil
Cornellà
2015–2018 Barcelona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2018–2020 Barcelona B 37 (6)
2020 Osasuna Promesas 1 (0)
2020–2023 Osasuna 0 (0)
2021 Andorra 12 (1)
2021–2022 Ponferradina 29 (1)
2023 Deportivo da Coruña 15 (2)
2023– Aris Salónica 0 (0)
Selección nacional
2019 España sub-19 1 (0)
Na rede
Instagram: kike_saverio UEFA: 250113155 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 15 de agosto de 2023.
Selección: actualizado a 25 de xaneiro de 2023.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Barcelona editar

Nacido en Xénova de pais ecuatorianos,[1] ao pouco tempo trasladouse coa súa familia á cidade ecuatoriana de Balzar, antes de mudarse aos cinco anos a Barcelona.[2] Tras xogar nas categorías inferiores do Cornellà, en 2015 ingresou na canteira do FC Barcelona.[3] Comezou no xuvenil B adestrado polo galego Quique Álvarez e na tempada 2017/18 pasou ao xuvenil A, co que gañou a División de Honra e a Liga Xuvenil da UEFA aínda que perdeu boa parte de ambas competicións por unha lesión muscular de longa duración.[2] Ao remate desa mesma campaña renovou o seu contrato co club ata 2020, cunha cláusula de rescisión de 50 millóns de euros.[4]

Na tempada 2018/19 subiu ao Barcelona B, que militaba na Segunda División B, categoría na que debutou no partido da primeira xornada contra o Alcoyano, entrando na segunda metade como substituto de Ballou Tabla.[5] Axiña se asentou na banda esquerda titular do equipo, ata que unha rotura do tendón do bíceps femoral cortou a súa progresión, afastándoo dos terreos de xogo durante catro meses.[2][6] Pechou a súa primeira tempada no filial cun total de 15 partidos e un gol, que conseguiu diante do Olot.[7]

Na súa segunda tempada no filial dirixido por García Pimienta xogou 22 encontros, nos que marcou cinco goles, e foi convocado por Quique Setién para un partido do primeiro equipo, co que non chegou a debutar. O 30 de xuño de 2020 deixou o club catalán, ao rematar o seu contrato.[8]

Osasuna editar

O 16 de setembro de 2020 asinou un contrato de tres anos con Osasuna, sendo inicialmente asignado ao filial, tamén da Segunda B.[9] Disputou un só partido co Promesas, diante do Tudelano,[10] mentres que no resto de xornadas foi convocado co primeiro equipo. Debutou con este o 15 de decembro, nun partido da Copa do Rei fronte ao Tomares, no que marcou un dos seis goles do seu equipo (0-6).[11] Participou tamén no encontro da seguinte rolda de Copa, contra o Olot.

Cesión ao Andorra editar

O 1 de febreiro de 2021 anunciouse a súa cesión ao FC Andorra, equipo da Segunda B.[12] Co equipo dirixido por Eder Sarabia disputou un total de 12 partidos ata o remate da campaña, 8 deles como titular, e anotou un gol ante o Nàstic.

Cesión á Ponferradina editar

Na tempada 2021/22 xogou cedido na Ponferradina, da Segunda División.[13] Debutou na categoría na segunda xornada, substituíndo ao dianteiro José Naranjo na vitoria por 0-1 sobre o Eibar en Ipurua.[14] Disputou un total de 32 partidos co equipo do Bierzo, 11 deles como titular, ata que na antepenúltima xornada de liga, na que marcou un gol contra o Burgos, caeu gravemente lesionado, ao sufrir a rotura do tendón de Aquiles.[15]

Deportivo da Coruña editar

En xaneiro de 2023 asinou contrato polo Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF.[16] Disputou 15 partidos co club galego, saíndo habitualmente dende o banco, e marcou dous goles.[17] Ao remate da tempada, e aínda cun ano de contrato por diante, desvencellouse do club e puxo rumbo á Superliga de Grecia como novo xogador do Aris Salónica.[18]

Selección nacional editar

Elixible para representar a Italia, Ecuador e España, elixiu inicialmente este último país, debutando coa selección española sub-19 o 14 de novembro de 2017, nunha derrota por 1-2 ante Portugal. En 2019 foi convocado pola selección sub-20 de Ecuador para adestrar antes da Copa do Mundo sub-20 de 2019,[19] pero non formou parte do equipo na fase final.

Palmarés editar

Barcelona Xuvenil

Notas editar

  1. "¿Kike Saverio hace un guiño a la Selección de Ecuador?" (en castelán). 10 de febreiro de 2020. Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Navarro, Alicia (25 de setembro de 2019). "Promesas de La Masía: Kike Saverio, acordes de bailarín" (en castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2023. 
  3. Bona, German (14 de outubro de 2019). "Kike Saverio, el héroe silencioso del Barça B" (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  4. "Kike Saverio renueva hasta el 2020" (en castelán). 12 de xullo de 2018. Consultado o 24 de xaneiro de 2023. 
  5. "CD Alcoyano 3-1 FC Barcelona B: Losing start to Division 2B" (en inglés). 26 de agosto de 2018. Consultado o 24 de xaneiro de 2023. 
  6. Bona, German (16 de outubro de 2018). "Kike Saverio pasará por el quirófano y estará cuatro meses de baja" (en castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2023. 
  7. "Barça B 2-1 UE Olot: First win in the Miniestadi" (en inglés). 29 de setembro de 2018. Consultado o 24 de xaneiro de 2023. 
  8. "Chumi, Kike Saverio, Sergi Puig y Guillem no continúan en el Barça B" (en castelán). 30 de xuño de 2020. Consultado o 24 de xaneiro de 2023. 
  9. "Osasuna Promesas refuerza su plantilla con las incorporaciones de Kike Saverio, Joel Rodríguez, José Carlos Aliaga y Dani Santafé" (en castelán). 16 de setembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2023. Consultado o 24 de xaneiro de 2023. 
  10. "Osasuna Promesas cede ante el Tudelano (0-2)" (en castelán). 25 de outubro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2023. Consultado o 24 de xaneiro de 2023. 
  11. "Debut con gol de Saverio con el primer equipo de Osasuna" (en castelán). 16 de decembro de 2020. Consultado o 24 de xaneiro de 2023. 
  12. "El ecuatoriano Kike Saverio se marcha al Andorra, de la tercera categoría del fútbol de España" (en castelán). 1 de febreiro de 2021. Consultado o 24 de xaneiro de 2023. 
  13. "El extremo Kike Saverio se incorpora a la SD Ponferradina" (en castelán). 28 de xullo de 2021. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2023. Consultado o 24 de xaneiro de 2023. 
  14. "La Ponferradina asalta Ipurua". Marca (en castelán). 22 de agosto de 2021. Consultado o 24 de xaneiro de 2023. 
  15. "Gol y grave lesión para Kike Saverio, cedido por Osasuna en la Ponferradina" (en castelán). 9 de maio de 2022. Consultado o 24 de xaneiro de 2023. 
  16. "Kike Saverio, novo xogador do Dépor 22-23". 22 de xaneiro de 2023. Consultado o 25 de xaneiro de 2023. 
  17. Zautúa, Israel (30 de xuño de 2023). "Análisis de la plantilla: 11. Gorka y Saverio, limitadas opciones de exhibirse". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2023. 
  18. Regueiro, Zeltia (1 de xullo de 2023). "Kike Saverio se va gratis del Depor". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2023. 
  19. Paredes, David (24 de marzo de 2019). "Kike Saverio llegó del Barça a la Selección Sub 20" (en castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2023.