Javier Cuíña
veterinario e político galego
Javier Cuíña Maceira, nado en Rellas (Silleda), é un veterinario e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Rellas, España |
Actividade | |
Ocupación | veterinario, político |
Traxectoria
editarEncabezou a lista da Candidatura Independente por Silleda nas eleccións municipais de 2003[1], obtendo así catro concelleiros. Para as eleccións de 2007 a CIS aliouse co PSdeG de Silleda, obtendo entre ambas as dúas formacións 6 concelleiros de 13, con Cuíña entre eles. No 2008 abandonou a coalición xunto con Ofelia Rey Recimil e axudou a que fose adiante unha moción de censura en outubro de 2009, apoiada tamén por cinco ex-membros do PPdG local, que sacou da alcaldía a Paula Fernández Pena e colocou como nova alcaldesa a Rey[2].
Notas
editar- ↑ "Javier Cuíña Maceira será o candidato a alcalde de CIS" Arquivado 28 de setembro de 2013 en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 21 de abril de 2003.
- ↑ "La tránsfuga Ofelia Rey gobernará Silleda con apoyo de ex populares" Arquivado 01 de outubro de 2013 en Wayback Machine., artigo en El Correo Galledo, 7 de outubro de 2009.