Javier Alonso Seoane

Javier Alonso Seoane, nado en Pontevedra en 1966, é un empresario e político galego.

Modelo:BiografíaJavier Alonso Seoane
Biografía
Nacemento1966 Editar o valor en Wikidata (57/58 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario, político Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 
Papeleta das eleccións locais 2019 en Vigo de Ciudadanos.

Licenciouse en ciencias empresariais na Universidade de Santiago de Compostela. En 2007 canda outros tres socios fundou PROTEC, dedicada á xestión de activos de administracións públicas e entidades financeiras e dende 2014 é xerente e socio de Tecyp Ingeniería. Militante de Ciudadanos, é dende 2017 membro da xunta directiva local da formación en Pontevedra[1] e voceiro na provincia de Pontevedra.

Na Eleccións xerais de abril de 2019 foi candidato ao Congreso dos Deputados por Ciudadanos. Nas Eleccións municipais de maio de 2019 foi o candidato do seu partido á alcaldía de Vigo. Nas Eleccións xerais de novembro de 2019 repetiu candidatura ao Congreso.