Javier Alfonso Cendón
político español
Javier Alfonso Cendón, nado en León o 21 de outubro de 1983, é un sindicalista e político leonés.
Javier Alfonso Cendón | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 21 de outubro de 1983 |
Lugar de nacemento | León |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de León, Central Connecticut State University e Universidade Politécnica de Madrid |
Ocupación | investigador e político |
Na rede | |
https://javieralfonsocendon.es | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria
De familia berciana[1] residente na capital provincial, licenciouse en enxeñería informática na Universidade de León en 2005 e logo exerceu como profesor nesa universidade. Afiliado á UGT, foi o responsable de xuventude da UGT en Castela e León ata 2018 e foi membro da dirección moza da Confederación Europea de Sindicatos. Afiliado ao PSOE foi responsable de participación da agrupación local leonesa dende 2012 ata 2016 e dende finais de 2017 é secretario xeral provincial de León[2]. Encabezou a lista do PSOE ao Congreso dos Deputados por León nas eleccións xerais de 2019.
Notas
- ↑ "Javier Alfonso Cendón presenta candidatura para liderar un “cambio necesario” en el PSOE de la provincia de León". InfoBierzo, 5 de outubro de 2017
- ↑ "Javier Cendón, nuevo líder de un PSOE partido a la mitad". Radio León, 19 de novembro de 2018