Abrir o menú principal

Javier Álvarez Salgado

Atleta galego

Javier Álvarez Salgado, nado en Vigo o 18 de decembro de 1943, é un ex-atleta galego especialista en carreiras de fondo.

Javier Álvarez Salgado
Nacemento18 de decembro de 1943
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónatleta
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Pertenceu á sección de atletismo do Real Club Celta, e foi adestrado por Alfonso Ortega Casasnovas. Foi medalla de prata e bronce nos campionatos europeos e participou en dous Xogos Olímpicos: México 1968 e Múnic 1972, chegando a tres finais en 3.000 obstáculos e 5.000 e 10.0000 metro lisos.

Recibiu a insignia de ouro e brillantes do seu club, o Real Club Celta de Vigo.

Militante do PSdeG, foi concelleiro de deportes na corporación municipal viguesa.

Véxase taménEditar