Jaroslav Tuček
esgrimista checo
Jaroslav Tuček, coñecido co alcume de Šourek, nado o 24 de agosto de 1882, sendo descoñecida a data da súa morte, foi un tirador de esgrima checo, gañador dunha medalla olímpica.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de agosto de 1882 Praga |
Morte | valor descoñecido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | República Checa |
Actividade | |
Ocupación | esgrimista |
Lingua | Lingua checa |
Nacionalidade deportiva | Checoslovaquia |
Deporte | esgrima |
Participou en | |
1920 | Xogos Olímpicos de 1920 |
1908 | Xogos Olímpicos de 1908 |
Traxectoria editar
Un dos fundadores do club de esgrima ČŠK Riegel. Nos Xogos Olímpicos de 1908 celebrados en Londres competiu co equipo bohemio de sabre composto por Bedřich Schejbal, Otakar Lada, Vilém Goppold von Lobsdorf e Vlastimil Lada-Sázavský que logrou a medalla de bronce. Foi presidente do club Riegel entre 1910 e 1921. Participou tamén nos Xogos Olímpicos de 1920 de Antuerpen representando a Checoslovaquia en sabre individual.