Janet Elizabeth Estévez, apelido de nacemento Templeton; nada o 8 de xullo de 1944, coñecida profesionalmente como Janet Sheen e Janet Templeton, é unha actriz e produtora estadounidense.

Infotaula de personaJanet Sheen
Nome orixinal(en) Janet Elizabeth Templeton Estevez Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Janet Elizabeth Templeton Editar o valor en Wikidata
8 de xullo de 1944 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Dayton, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesJanet Templeton
Janet Sheen Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónThe New School (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprodutora , artista visual , actriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1983 Editar o valor en Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMartin Sheen (1961–)
FillosCharlie Sheen, Renée Estevez, Emilio Estevez, Ramon Estevez Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0790682 Allocine: 538768 WikiTree: Templeton-1941 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou arte na New School for Social Research da cidade de Nova York, onde coñeceu ao seu futuro marido Martin Sheen. Casaron en decembro de 1961.[1] [2] É nai de catro fillos, tres fillos e unha filla, todos eles actores, Emilio Estevez, Renée Estevez, Ramon Estevez e Charlie Sheen.[3] En 1983 interpretou a Elaine de Kooning na miniserie Kennedy.[4] Tamén apareceu na película Rated X como enfermeira, aínda que non foi mencionada nos créditos finais. En 1989, foi produtora asociada da película Beverly Hills Brats, e en 2010, produtora executiva do filme O camiño (The Way) sobre o Camiño de Santiago, dirixida polo seu fillo Emilio.[5] [6]

  1. Jim Hargrove: Martin Sheen: Actor and Activist, Childrens Press, 1991, p. 32
  2. Nicolás Kanellos, Robert Rodriguez, Tamra Orr: Great Hispanic-Americans, Publications International, 2005, S. 112
  3. Paul C. Challen: Inside the West Wing: An Unauthorized Look at Television's Smartest Show, ECW Press, 2001, S. 88
  4. Alvin H. Marill: More Theatre: Stage to Screen to Television, 1993-2001, Band 2, Scarecrow Press, 2003, S. 296
  5. James Cameron-Wilson: Young Hollywood, Batsford, 1994, S. 187
  6. Debruge, Peter (2010-09-12). "The Way". Variety (en inglés). Consultado o 2023-02-25. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar