Janet Reno

fiscal xeral dos Estados Unidos

Janet Wood Reno, nada en Miami o 21 de xullo de 1938 e finada na mesma cidade o 7 de novembro de 2016,[1] foi a fiscal xeral dos Estados Unidos de América de 1993 a 2001. Foi proposta polo presidente Bill Clinton o 11 de febreiro de 1993 e confirmada o 11 de marzo. Foi a primeira muller que exerceu ese posto e a segunda persoa en ocupalo durante máis tempo.[2]

Modelo:BiografíaJanet Reno

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Janet Wood Reno Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xullo de 1938 Editar o valor en Wikidata
Miami, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte7 de novembro de 2016 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Miami, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepárkinson Editar o valor en Wikidata
Procurador-geral dos Estados Unidos (pt) Traducir
12 de marzo de 1993 – 20 de xaneiro de 2001
← Stuart M. Gerson (pt) TraducirEric Holder (pt) Traducir →
Procuradora do estado (pt) Traducir Condado de Miami-Dade (pt) Traducir
xaneiro de 1978 – 1993 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Cornell
Harvard Law School (pt) Traducir
Coral Gables Senior High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, fiscal, avogada Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaggy Hurchalla Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Reno-378 Find a Grave: 172315982 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

Reno naceu en Miami, Florida. A súa nai, Jane Wallace (de solteira Wood), escribía unha columna semanal de melloras no fogar no The Miami News cun pseudónimo masculino e máis tarde converteuse en reporteira de investigación para o xornal.[3] O seu pai, Henry Olaf Reno (nacido Rasmussen), era un emigrante dinamarqués e reporteiro do Miami Herald durante 43 anos.[4] Janet Reno tivo tres irmáns máis novos: Mark, o escritor Robert Reno e Maggy Hurchalla. A familia mudouse a unha propiedade próxima aos Everglades cando Reno tiña 8 anos, vivindo nunha casa construída pola súa nai.[5]

Reno asistiu á escola pública no condado de Miami-Dade en Florida. En 1956 accedeu á Universidade Cornell en Ithaca, Nova York, escollendo como materia a química. Viviu en Balch Hall e converteuse en presidenta da Asociación de Auto-Goberno de Mulleres.

En 1960, foi admitida na Escola de Dereito de Harvard como unha das seis mulleres nunha clase de máis de 500 estudantes. Obtivo o título en dereito tres anos despois.

Carreira

editar

Reno foi nomeada Directora do Comité Xurídico da Casa de Representantes de Florida en 1971,[6] axudando a revisar o sistema de cortes de Florida. En 1973 aceptou un posto na oficina do Fiscal no condado de Dade. Deixou a fiscalía en 1976 para asociarse cunha firma privada de avogados, Steel, Hector & Davis.[7][8]

En 1978 foi nomeada fiscal de estado de Dade.[8] Foi electa en novembro de 1978 e reelecta catro veces máis. Axudou a reformar o sistema de xustiza xuvenil e perseguiu morosos para que cumprisen os pagamentos de manutención dos seus fillos. Tamén estableceu a Corte de Drogas de Miami.[9] Durante a súa época no condado de Dade, foi a avogada principal nun caso de brutalidade policíaca, no que cinco policías brancos golpearon ata a morte o vendedor de seguros negro Arthur McDuffie.[10][11]

Durante o tempo en que Reno foi fiscal do estado, comezou o que a serie da PBS Frontline describiu como "cruzada" contra os acusado de abuso infantil.[12] Estivo involucrada no proceso xudicial de Bobby Fijnje de 13 anos, acusado de abusos cometidos durante ritos satánicos, quen foi absolto máis tarde.[13][14]

Fiscal xeral

editar

En 1993, Reno foi nomeada e confirmada como a primeira fiscal xeral dos Estados Unidos baixo o mandato de Bill Clinton,[15][16] tras ser rexeitadas previamente Zoe Baird e Kimba Wood cando se revelou que ambas empregaran mulleres con status ilegal como neneiras.[17] Reno permaneceu como fiscal xeral durante o resto da presidencia de Bill Clinton, converténdose na fiscal xeral que máis tempo permaneceu no posto dende William Wirt en 1829.

Mentres Clinton podía mediar os asuntos económicos entre membros do seu propio Partido Demócrata e o Congreso Republicano, o traballo de Reno estaba no centro dunha gran variedade de inextricables conflitos culturais. Isto fixo que fose o albo de críticas da dereita na administración Clinton, que denunciaban o goberno federal como unha ameaza aos fundamentos das liberdades no país.

Falecemento

editar

En 1995 foi diagnosticada coa enfermidade de Parkinson. Faleceu por complicacións desta doenza en novembro de 2016. Estiva rodeada por amigos e familia no final da súa vida, incluíndo a súa irmá Maggy e a súa afillada.[18]

Vida persoal

editar

Reno nunca casou nin tivo fillos.[19] Reno recibiu clases de lingua castelá durante o período en que foi fiscal do estado.[8] Permaneceu activa tras ser diagnosticada con párkinson en 1995, mesmo aprendendo a patinar en liña o ano seguinte.[20] Trala morte da súa nai en 1992, Reno herdou a casa da súa infancia.[3] En resposta a un sketch do Saturday Night Live de 1998 que a retrataba como solitaria, o o antigo director de asuntos públicos do Departamento de Xustiza Carl Stern fixo, "tanto en Florida como en Washington ten grandes amigos, os que visita nas súas casas e vai ao teatro, o seu carné de baile está cheo".[21]

  1. "Muere Janet Reno, la primera mujer que fue fiscal general en EE UU". El País (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2016. 
  2. "Former US attorney general Janet Reno dies at 78". Fox News (en inglés). 7 de novembro de 2016. Consultado o 7 de novembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Driscoll, Amy (7 de novembro de 2018). "Janet Reno’s early years in Miami: Peacocks, bare feet, stubborn independence". miami herald (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2018. 
  4. "Janet Reno: From Waco to Elian". BBC News. 14 de abril de 2000. 
  5. Hulse, Carl (7 de novembro de 2016). "Janet Reno, First Woman to Serve as U.S. Attorney General, Dies at 78". The New York Times. ISSN 0362-4331. Consultado o 8 de novembro de 2016. 
  6. "Janet Reno Biography - life, family, children, school, mother, young, old, information, born, house". notablebiographies.com. Consultado o 7 de novembro de 2016. 
  7. "After Rocky Start, Reno is Rock Solid". Miami Herald. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Weaver, Jay (7 de novembro de 2016). "How Janet Reno handled and bounced back from the biggest cases in her life". miamiherald (en inglés). Consultado o 10 de decembro de 2017. 
  9. Driscoll, Amy; Weaver, Jay; Brecher, Elinor J. (7 de novembro de 2016). "Janet Reno, former Miami-Dade state attorney and U.S. attorney general, dies at 78". miamiherald (en inglés). Consultado o 20 de outubro de 2017. 
  10. Jane Mayer (1 de decembro de 1997). "Janet Reno, Alone". The New Yorker. Consultado o 28 de xuño de 2016. 
  11. Smiley, David (16 de maio de 2015). "McDuffie riots: revisiting, retelling story — 35 years later". miamiherald (en inglés). Consultado o 10 de decembro de 2017. 
  12. Transcript of Frontline episode "Did Daddy Do It", PBS (25 de abril de 2002)
  13. "Interviews - Dr. Stephen Ceci | The Child Terror". Frontline. PBS. Consultado o 29 de xaneiro de 2015. 
  14. "IPT Journal - Book Review - "Witch Hunt: A True Story of Social Hysteria and Abused Justice"". Ipt-forensics.com. 15 de abril de 2014. Consultado o 29 de xaneiro de 2015. 
  15. "Biographies of the Attorneys General". Justice.gov. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2014. Consultado o 28 de maio de 2011. 
  16. Associated Press (4 de marzo de 1993). "Reno's Confirmation Hearing to Start Tuesday". Los Angeles Times (en inglés). ISSN 0458-3035. Consultado o 27 de agosto de 2018. 
  17. "Former US attorney general Janet Reno dies at 78" (en inglés). Fox News Channel. 7 de novembro de 2016. Consultado o 7 de novembro de 2016. 
  18. Anderson, Curt (7 de novembro de 2016). "Janet Reno, Former US Attorney General, Dies at Age 78". ABC News. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2016. Consultado o 8 de novembro de 2016 – vía archive.org. 
  19. Hanes, Stephanie (7 de novembro de 2016). "Janet Reno, former U.S. attorney general, dies at 78". The Washington Post. Consultado o 7 de novembro de 2016. 
  20. Samuelson, Kate (7 de novembro de 2016). "6 Things Janet Reno Will Be Remembered For". Time (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2018. 
  21. Izadi, Elahe (7 de novembro de 2016). "How Janet Reno came to embrace Will Ferrell's absurd SNL impression". The Washington Post (en inglés). ISSN 0190-8286. Consultado o 8 de novembro de 2016. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar