Jan Santaló

político catalán

Jan Santaló i Lloret, nado o 27 de novembro de 1994, é un político catalán, alcalde de L'Ametlla del Vallès dende xuño de 2023.

Infotaula de personaJan Santaló

(2015) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de novembro de 1994 Editar o valor em Wikidata (29 anos)
Alcalde de L'Ametlla del Vallès
2023 –
← Pep Moret i Tanyà (pt) Traducir
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Cataluña
Universidade de Barcelona
Universidade de Copenhague Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Twitter: jansantalo Instagram: jansantalo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou Enxeñaría Industrial na Universidade Politécnica de Cataluña e complementou os seus estudos cun mestrado en economía na Universidade de Barcelona (UB) e outro na Universidade de Copenhague. Despois traballou nunha empresa catalá do sector ferroviario, nunha multinacional do sector da automoción e como profesor de economía na Universidade Autónoma de Barcelona.

Concelleiro na oposición dende 2017, inicialmente con Esquerra Republicana,[1] presentouse en solitario coa lista de Ametlla't ás eleccións municipais de maio de 2023, obtendo 6 dos 13 concelleiros.[2][3] Foi investido alcalde o 17 de xuño de 2023.[4] A oposición municipal fana Junts per Catalunya e Esquerra Republicana.

Dentro do seu plan de goberno anunciou un novo plan urbanístico, a mellora da vía pública, o novo modelo de recollida selectiva de residuos ou a recuperación da actividade do complexo deportivo municipal de Can Camp.[4]

Ameazas en 2023 editar

En maio de 2023, en plena campaña electoral, uns descoñecidos romperon a fiestra do seu coche, saqueárono e no seu interior deixaron unha nota que dicía "Vamos a por tí".[5] En outubro de 2023, uns descoñecidos entraron no seu piso e saqueárono mentres estaba nunha xunta municipal.[6]

Notas editar

  1. Ajuntament de l'Ametlla del Vallès (ed.). "Ja tenim aquí el Diari de l'Ametlla de juliol" (en catalán). Consultado o 2023-11-03. 
  2. "Jan Santaló: “El porta a porta no és el sistema que l’Ametlla mereix ni necessita”". Consultado o 2023-11-03. 
  3. Ajuntament de l'Ametlla del Vallès (ed.). "Jan Santaló, nou alcalde de l’Ametlla del Vallès" (en catalán). Consultado o 2023-11-03. 
  4. 4,0 4,1 "Jan Santaló, nou alcalde de l’Ametlla com a cap de la llista més votada". Consultado o 2023-11-03. 
  5. 324cat, ed. (2023-10-31). "Uns desconeguts entren i regiren el pis de l'alcalde de l'Ametlla del Vallès quan era al ple municipal" (en catalán). Consultado o 2023-11-03. 
  6. Agència Catalana de Notícies (ed.). "Uns desconeguts entren i regiren el pis de l'alcalde de l'Ametlla del Vallès quan era al ple municipal". Consultado o 2023-11-03.