Jan Kochanowski

poeta polaco

Jan Kochanowski, nado en 1530 en Sycyna e finado o 22 de agosto de 1584, foi un poeta renacentista polaco, que marcou modelos poéticos que se converteron en clásicos na lingua literaria polaca. É considerado como o máis grande dos poetas de Polonia e o maior do mundo eslavo con anterioridade ao século XIX.[1]

Modelo:BiografíaJan Kochanowski

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1530 Editar o valor en Wikidata
Sycyna Północna (Coroa do Reino de Polonia) Editar o valor en Wikidata
Morte22 de agosto de 1584 Editar o valor en Wikidata (53/54 anos)
Lublin (República das Dúas Nacións) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Sandomierz Wojski (en) Traducir
1579 – 1584
Polish elector (en) Traducir
1573 –
King's secretary at the Polish court (en) Traducir
1564 –
Provost (en) Traducir Archcathedral Basilica of St. Peter and St. Paul (en) Traducir
1564 – 1574 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCzarnolas (en) Traducir (1575–1584) Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Königsberg (pt) Traducir (1555–1556)
Universidade de Padua (1552–1555)
Universidade Iaguelónica de Cracovia - Artes liberais (1544–) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFiction (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, tradutor, escritor, dramaturgo Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoQ11816927 Traducir, phrase (en) Traducir, Drama, poesia narrativa (pt) Traducir, complaint (en) Traducir, Epitafios, Oda, Elexía, Epigrama e Epitalamio Editar o valor en Wikidata
ProfesoresFrancesco Robortello Editar o valor en Wikidata
Participou en
1576 (Gregoriano)1576 Polish–Lithuanian royal election (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaKochanowscy herbu Korwin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeDorota Podlodowska (1575–) Editar o valor en Wikidata
FillosHanna Kochanowska, Urszula Kochanowska, Jan Kochanowski Editar o valor en Wikidata
PaisPiotr Kochanowski Editar o valor en Wikidata  e Anna Białaczowska Editar o valor en Wikidata
IrmánsKasper Kochanowski
Mikołaj Kochanowski
Andrzej Kochanowski Editar o valor en Wikidata
ParentesPiotr Kochanowski, sobrinho fraterno
Jerzy Kochanowski, sobrinho fraterno Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Кохановский Ян)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX988610 Musicbrainz: 8132a9ef-ba84-4270-8b54-36f8e3fb0a48 Discogs: 1363153 IMSLP: Category:Kochanowski,_Jan Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Kochanowski naceu en Sycyna, preto de Radom, Polonia. Pouco é o que se sabe sobre a súa educación inicial. Aos catorce anos de idade, porén, dominaba o latín, e foi enviado á Cracovia á súa famosa Academia. Cando se graduou en 1547, con só 17 anos, pasou para a Universidade de Königsberg (na actual Królewiec), naquela altura no ducado de Prusia, e máis tarde, marchou á Universidade de Padua en Italia. En Padua, Kochanowski entrou en relación co grande humanista Francis Robortello. Kochanowski pechou o seu décimo quinto ano de estudos, viaxando a Francia, onde se encontrou co poeta Pierre Ronsard.

En 1559 Kochanowski retornou para o seu país. Pasou os seguintes quince anos na corte do rei Sexismundo II de Polonia, servindo alí certo tempo como secretario real. No ano 1574, a continuación do interregno polaco e a presentación ás eleccións libres do rei Henrique de Valois (cuxo candidatura ao trono de Polonia apoiara Kochanowski), Kochanowski retirouse para os seus estados familiares de Czarnolas ("Bosque Escuro") para levar a vida dun fidalgo. En 1575 casou con Dorota Podlodowska, coa que tivo sete fillos.

Kochanowski é chamado, ás veces, en polaco "Jan de Czarnolas", porque foi aí onde escribiu as súas obras máis memorábeis, como A Despedida dos Enviados Gregos e Lamentos.

Kochanowski faleceu, posibelmente dun ataque ao corazón, en Lublin, o 22 de agosto de 1584.

Páxina inicial de A Despedida dos Enviados Gregos , 1578.

Os primeiros poemas de Kochanowski foron escritos en Latín, pero moi logo volveu para a súa lingua vernacular, creando versos que o converteron no fundador da poética polaca.

As súas obras mestras son Treny (Lamentos) — unha serie de dezanove elexías sobre a morte da súa querida filla de dous anos e medio de idade, Urszula; e Odprawa posłów greckich (A Despedida dos Enviados Gregos of the Greek Envoys, 1578), unha traxedia en verso branco, que narra un episodio da Guerra de Troia. Foi a primeira traxedia escrita en polaco, e o seu themaacerca das responsabilidades dos homes de estado, segue a resoar no día de hoxe. A peza foi representada durante as vodas de Jan Zamoyski con Krystyna Radziwiłł, no Castelo de Ujazdów, en Varsovia, o día 12 de xaneiro de 1578.[2]

Os Lamentos de Kochanowski , especialmente, conmoven ao lector polos seus desafectados sentimentos, expresados con digna maneira, como nunha xeración posterior, faría Shakespeare.

  1. Paul Murray, "The Fourth Friend: Poetry in a Time of Affliction," Logos: A Journal of Catholic Thought and Culture, vol. 8, no. 3 (Summer 2005), pp. 19-39.
  2. Stefan Kieniewicz, ed., Warszawa w latach 1526-1795 (Warsaw in the Years 1526-1795), vol. II, Warsaw, 1984, ISBN 83-01-03323-1, pp. 157-58.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar