Jan Arnošt Smoler

Jan Arnošt Smoler, nado o 3 de marzo de 1816 en Łućo e finado o 13 de xuño de 1884 en Bautzen foi un filólogo e escritor sorabo, un dos máximos expoñentes do rexurdimento sorabo do século XIX.

Infotaula de personaJan Arnošt Smoler

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(hsb) Jan Arnošt Smoler
(de) Johann Ernst Schmaler Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1816 Editar o valor em Wikidata
Merzdorf Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xuño de 1884 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Bautzen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaProtschenbergfriedhof (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaQ49375323 Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino de Saxonia (1850–1884)
Reino de Prusia (1816–1850) Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Breslau - filoloxía eslava (1841–1845)
Universidade de Breslau - teoloxía (1836–1839) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingüística Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Bautzen (pt) Traducir
Leipzig Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónlingüista , escritor , editor Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá, lingua checa, lingua rusa, Alto sorabo e Lingua sorabia Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMarko Smoler (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiKorla Jan Smoler (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Smoler-6
Jan Arnošt Smoler (1816-1884)

Traxectoria editar

 
Área de lingua soraba na época de Jan Arnošt Smoler, ca. 1843
 
Tumba de Smolers en Protschenberg

O pai de Smolers era un cantor luterano e profesor, establecido desde 1823 en Łaz, onde Jan Arnošt rematou a escola primaria, continuando a partir de 1827 os estudos de secundaria en Bautzen. Non puido realizar a carreira de estudos eslavos como desexaba por non existir na época nas universidades prusianas eses cursos[1], e así en 1836 comezou os estudos de teoloxía na Universidade de Breslau, e alí foi un dos membros fundadores da Akademischen Verein für lausitzische Geschichte und Sprache en 1838.[2] Completou os seus estudos o ano seguinte e volveu a Łaz. Xunto con Leopold Hauptal e Handrij Zejler recolleu a colección de cántigas Die Volkslieder der Wenden in der Ober- und Nieder-Lausitz. En Wendisch-deutsche Gespräche e no seu dicionario de 1843, Deutsch-Wendisches Wörterbuch, Smoler realizou unha serie de reformas na ortografía modeladas segundo outras linguas eslavas occidentais e que tendían a diluír as diferenzas entre o alto e o baixo sorabo.[3]

En 1847 foi un dos fundadores da asociación de promoción da cultura soraba Maćica Serbska, que adoptou a súa ortografía[4] e que se implicou na defensa dos dereitos dos sorabos no contexto da revolución de 1848 e que logrou concesións do goberno saxón, como que a partir de 1850 a lingua soraba fose o medio de instrución nalgunhas escolas. Smoler estivo entre os primeiros profesores que en 1850 deron clases en sorabo no instituto de Bautzen, e tamén deu clases no colexio local escribindo algúns libros de texto. En 1851, Smoler, estableceu en Bautzen, a súa propia casa de edición que se fixo cargo da publicación do semanario Tydźenska nowina, que baixo a dirección de Smoler cambiou o seu nome a Serbske Nowiny en 1854. Entre 1852 e 1856 Smoler tamén publicou o anuario Jahrbücher für slawische Literatur, Kunst und Wissenschaft , e de 1865 a 1868 o semanario Slawische Zentralblatt – Wochenschrift für Literatur, Kunst, Wissenschaft und nationale Interessen des Gesamtslawentums.

Smoler foi un defensor do paneslavismo cultural e da teoría da reciprocidade eslava, esperando que os contactos coas principais nacións eslavas fomentasen e promovesen a cultura soraba en Lusacia, e así entre 1859 e 1883 realizou varias viaxes a Rusia, entre outras razóns para recoller doazóns para o financiamento de proxectos culturais.

Obra editar

  • Wendisch-deutsche Gespräche. Bautzen 1841
  • Volkslieder der Wenden in der Ober- und Nieder-Lausitz, 2. Bde. 1841 u. 1843 (hrsg. gemeinsam mit Leopold Haupt)
  • Krotke wułpoženje powšitkomneho Serskeho prawjepisanja Bautzen 1843.
  • Deutsch-Wendisches Wörterbuch. Mit einer Darstellung der allgemeinen wendischen Rechtschreibung. Bautzen 1843
  • Überreste der alten Mythologie in der wendischen Lausitz. [1848]
  • Sorbisch-wendische Sprachlehre. Bautzen 1850
  • Kleine Grammatik der serbisch-wendischen Sprache in der Oberlausitz. Bautzen 1852
  • Die slavischen Ortsnamen in der Oberlausitz und ihre Bedeutung. Festschrift zum 300 jährigen Jubiläum des Gymnasiums zu Budissin. Bautzen 1867.

Notas editar

  1. Ficha en Zeijler-Smoler Haus
  2. Heinz-Gerhard Haupt, Dieter Langewiesche (2001): Nation und Religion in der deutschen Geschichte. Frankfurt a.M.: Campus, p. 429
  3. Peter Kunze, Smoler (Schmaler), Jan Arnošt (Johann Ernst), in: Sächsische Biografie, hrsg. vom Institut für Sächsische Geschichte und Volkskunde e.V., bearb. von Martina Schattkowsky
  4. Karel Kucera, "History and Development of the Latin Writing System in the Slavic Languages / Geschichte und Entwicklung der lateinischen Schrift in den slavischen Sprachen" en Sebastian Kempgen (2014) Die slavischen Sprachen / The Slavic Languages. Halbband 2 Walter de Gruyter:Berlín