Jamie Margolin

activista climática estadounidense

Jamie Margolin, nada en Seattle o 10 de decembro de 2001, é unha activista do cambio climático estadounidense.[1][2][3][4] En 2019, foi incluída na prestixiosa lista das 100 Mulleres, publicada pola BBC.[5]

Infotaula de personaJamie Margolin
Biografía
Nacemento10 de decembro de 2001 Editar o valor em Wikidata (22 anos)
Seattle, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónecoloxista , activista climática Editar o valor em Wikidata
Premios

Facebook: JamieSaraiMargolin Twitter: Jamie_Margolin Instagram: jamie_s_margolin Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 2017, cando tiña 15 anos, fundou a organización xuvenil de acción climática Zero Hour con Nadia Nazar, e desde entón é codirectora executiva da organización.[6] Decidiu pola en marcha despois de presenciar os danos ocasionados polo furacán María en Porto Rico e o difícil que foi respirar en Seattle despois dos incendios forestais canadenses. Tamén foi unha das demandantes no caso Aji P. v. Washington, contra o estado de Washington pola súa inacción contra o cambio climático sobre a base de que un clima estable é un dereito humano.[7]

Os seus escritos sobre o cambio climático apareceron en moitas publicacións, incluíndo o HuffPost, Teen Ink e CNN.[8] En 2018, foi incluída na lista das "25 mulleres que están a cambiar o mundo", publicada pola revista People. Margolin é membro da organización Junior State of America.[7]

En setembro de 2019, Margolin formou parte dun grupo de mozos que demandou ao gobernador Jay Inslee e ao estado de Washington polas emisións de gases de efecto invernadoiro.[9] Tras esta demanda, pedíuselle que testificase na súa contra como parte dun panel titulado "Voices leading the next generation on the global climate crisis", no que os adolescentes implicados puideron presentar os seus argumentos. Os mozos nesta demanda estaban preocupados pola falta de acción do goberno de Washington en relación co cambio climático, o que implica que están a negar á xeración máis nova un dereito constitucional a un medio ambiente habitable sen os problemas ambientais aos que se enfrontan.[4]

Zero Hour editar

Margolin cofundou a organización Zero Hour en 2016. Este grupo de mozos activistas está preocupado pola falta de acción dos funcionarios de todo o mundo en relación co cambio climático. O seu obxectivo é educar á xente sobre a crise climática e lograr que máis xente se involucre no activismo. O seu primeiro obxectivo era crear un día nacional de acción masiva para que máis mozos se involucraran na loita pola saúde do planeta. Ao utilizar o cancelo #thisisZeroHour, os mozos desta organización esperan enviar unha mensaxe de alerta para combater o cambio climático. Na súa declaración de misión explican: "Cremos que cada individuo, de cada comunidade, debe ter acceso a aire limpo, auga e terras públicas. Cremos en pór as necesidades e a saúde das nosas comunidades por encima das ganancias corporativas".[10]

Notas editar

  1. "A Huge Climate Change Movement Led By Teenage Girls Is Sweeping Europe. And It’s Coming To The US Next." (en inglés). Consultado o 4 de decembro de 2019. 
  2. "La activista de 17 años que puso la primera demanda por el clima". 28 de marzo de 2019. Consultado o 4 de decembro de 2019. 
  3. "Climate activist Jamie Margolin. We the youth are building an unstoppable movement" (en inglés). 8 de novembro de 2019. Consultado o 4 de decembro de 2019. 
  4. 4,0 4,1 "Jamie Margolin" (en inglés). Consultado o 4 de decembro de 2019. 
  5. "Quiénes son las 100 Mujeres elegidas por la BBC para 2019 (y cuáles son las 10 latinoamericanas)". 17 de outubro de 2019. Consultado o 4 de decembro de 2019. 
  6. "How to build a climate movement before your 17th birthday" (en inglés). 31 de outubro de 2018. Consultado o 4 de decembro de 2019. 
  7. 7,0 7,1 "Jamie Margolin | HuffPost". Consultado o 4 de decembro de 2019. 
  8. Sloat, Sarah. "This 17-Year Old Activist Is Changing the Way We Talk About the Climate Crisis" (en inglés). Consultado o 4 de decembro de 2019. 
  9. "Seattle’s Jamie Margolin is 17 and a climate activist. On Wednesday she testifies before Congress." (en inglés). 17 de setembro de 2019. Consultado o 4 de decembro de 2019. 
  10. "Who We Are - Zero Hour" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2021. Consultado o 4 de decembro de 2019.