James Patrick Stuart
James Patrick Stuart, nado en Encino (Os Ánxeles) o 16 de xullo de 1968, é un actor estadounidense de cine e televisión.
James Patrick Stuart | |
---|---|
![]() Stuart no 2010. | |
Nacemento | 16 de xullo de 1968 (54 anos) |
Lugar | ![]() |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educado en | Laguna Beach High School |
Pai | Chad |
Profesión | Actor |
Na rede | |
http://jamespatrickstuart.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
James Stuart naceu en Encino, un barrio afluente dos Ánxeles, fillo de Chad e Jill Stuart. O seu pai participara na década dos 60 no dúo da televisión británica Chad & Jeremy. Como o seu pai era parte dun dúo pop, James pasou gran parte da súa mocidade nos estudios de gravación.[1] Como neno actor, empregou o nome Patrick Stuart, e participou na serie dos anos 80, Galactica 1980, como Doctor Zee.
É coñecido sobre todo polos seus papeis en series de televisión como CSI: Las Vegas, Emily's reasons why not ou Nip/Tuck, pero tamén participou poñendo a voz na versión en inglés de varios videoxogos como por exemplo Kingdom Hearts II ou Call of Duty 2.
Tamén fixo a voz de Private na serie The Penguins of Madagascar.
James Stuart reside en Os Ánxeles coa súa dona, Jocelyn, e os seus dous fillos.
NotasEditar
- ↑ "James Patrick Stuart on 2 Broke Girls". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2015. Consultado o 23 de outubro de 2015.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Ficha na IMDb (en inglés)