James Howard Dunn, nado en Nova York o 2 de novembro de 1901 e finado en Santa Monica (California) o 1 de setembro de 1967[1] foi un actor estadounidense.

Infotaula de personaJames Dunn

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) James Howard Dunn Editar o valor em Wikidata
2 de novembro de 1901 Editar o valor em Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte3 de setembro de 1967 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Santa Monica, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteComplicacións dunha cirurxía Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de teatro , actor de televisión , actor de cinema , actor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1927 Editar o valor em Wikidata - 1966 Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeFrances Gifford (pt) Traducir (1938–1942) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0007223 Allocine: 2449 Rottentomatoes: celebrity/jimmy_dunn Allmovie: p20621 TCM: 54341 IBDB: 38730
WikiTree: Dunn-10118 Find a Grave: 10397211 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

James Dunn era fillo dun corretor de bolsa de Wall Street. Durante tres anos uniuse ao negocio do seu pai.

Dunn comezou a súa carreira no espectáculo no vodevil, antes de pasar ao cinema como extra a finais da década de 1920.[2] Tras un tempo no que volveu ás sociedades anónimas, regresou ao cinema e foi contratado por Fox en 1931.[2]

O seu papel en Bad Girl[2] causou boa impresión e continuou repetindo a mesma fórmula noutros filmes durante a década de 1930. As súas seguintes personaxes non deron pulo á súa carreira e a finais da década os seus traballos diminuíran pola loita contra o alcoholismo. Porén, en 1945 gañou o Oscar ao mellor actor secundario por A Tree Grows in Brooklyn, no que interpretaba un pai irlandés, alcohólico mais de bo corazón.

O seu éxito non durou e a principios da década de 1950 estaba desempregado, en bancarrota e de novo dependente do alcohol. Desde 1950 só apareceu en tres filmes, aínda que seguiu traballando na televisión ata a súa morte.

Filmografía editar

Ano Filme Personaxe Notas
1929 In the Nick of Time como Jimmy Dunn
1930 Believe It or Not#3 Reporteiro Sen acreditar
Barefoot Days
Tom Thumbs Down como Jimmy Dunn
The Varsity Show como Jimmy Dunn
1931 Bad Girl Eddie Collins
Sob Sister Garry Webster
Over the Hill Johnny Shelby de adulto
1932 Society Girl Johnny Malone
Dance Team Jimmy Mulligan
Handle with Care Bill Gordon
1933 Hold Me Tight Chuck
Hello, Sister! Jimmy
Arizona to Broadway Smiley Wells
Sailor's Luck Jimmy Harrigan
Jimmy and Sally Jimmy O'Connor
The Girl in 419 Dr. Daniel French
Take a Chance Duke Stanley
1934 Hold That Girl Barney Sullivan
365 Nights in Hollywood James 'Jimmy' Dale
Have a Heart James 'Jimmie' Flaherty
Bright Eyes James 'Loop' Merritt
Change of Heart Mack McGowan
Stand Up and Cheer! Jimmy Dugan
Baby Take a Bow Eddie Ellison
1935 Bad Boy Eddie Nolan
The Daring Young Man Don McLane
The Payoff Joe McCoy
Welcome Home Richard Foster
George White's 1935 Scandals Eddy Taylor
1936 Come Closer, Folks Jim Keene
Don't Get Personal Bob
Hearts in Bondage Lieutenant Kenneth Reynolds
Two-Fisted Gentleman Mickey
Mysterious Crossing Addison Francis Murphy
1937 We Have Our Moments John Wade
Living on Love Gary Martin
Venus Makes Trouble Buzz Martin
1938 Shadows Over Shanghai Johnny McGinty
1939 Pride of the Navy Speed Brennan
Mercy Plane Speed Leslie
1940 Son of the Navy Chief Gunners Mate Mike Malone
Hold That Woman! Jimmy Parker
1942 The Living Ghost Nick Trayne
1943 The Ghost and the Guest Webster Frye
1944 Leave It to the Irish Terry Moran, investigador privado
Government Girl Sergeant Joe Blake
1945 A Tree Grows in Brooklyn Johnny Nolan (The Brooklyn Thrush)
The Caribbean Mystery Mr. Smith
1946 That Brennan Girl Denny Reagan alias Prof. Who's Its
1947 Killer McCoy Brian McCoy
1948 Texas, Brooklyn and Heaven Mike
1950 A Wonderful Life
The Golden Gloves Story Joe Riley
1960 The Bramble Bush Stew Schaeffer
1962 Hemingway's Adventures of a Young Man Telegrafista
1966 The Oscar Network Executive

Notas editar

  1. "James Dunn, Actor, Dies". The Daytona Beach News-Journal. 4 de setembro de 1967. Consultado o 10 de decembro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 James Dunn. Allocine.co.uk.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar