Jacquelyn Gill é unha paleoecóloga e profesora asistente de ciencias climáticas na Universidade de Maine. Traballou en temas como a relación entre a megafauna e vexetación no Plistoceno, e os núcleos de sedimento en Xamaica.[1][2] Adicionalmente é divulgadora científica en temas de cambio climático e quecemento global.[3][4]

Jacquelyn Gill
Nacementoséculo XX
Alma máterUniversidade de Wisconsin-Madison e College of the Atlantic
Ocupaciónecoloxista e paleontóloga
PremiosFriend of the Planet Award
Na rede
Twitter: JacquelynGill Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Educación editar

Gill inspirouse a seguir unha carreira científica mentres exploraba covas nos outeiros do parque nacional Acadia, ao coñecer que se formaron cando o nivel do mar estaba máis alto e eleváronse cando a costa de Maine se recuperou despois de ser empuxada cara a abaixo polo peso de glaciares da Idade de Xeo.[5] En 2005, Gill obtivo unha licenciatura en Ecoloxía Humana no College of the Atlantic e estudou un curso curto de palinoloxía na Universidade de Londres.[6] Logo trasladouse á Universidade de Wisconsin, onde completou un doutoramento titulado, "A bioxeografía da axitación biótica: asociacións de plantas novas e o final: extinción da megafauna do Plistoceno", baixo a supervisión do Dr. John Williams en 2012. [Cómpre referencia] Este traballo examinou o impacto da extinción de animais xigantes do Plistoceno na vida vexetal.[1] En 2007 recibiu o premio E. Lucy Braun á excelencia en ecoloxía En 2010 recibiu o premio Cooper da Ecological Society of América.[7][8] Tamén recibiu a bolsa Whitbeck Dissertator da Universidade de Wisconsin.[9] Despois do seu doutoramento, Gill traballou como bolseira postdoutoral Voss na Universidade de Brown.[10]

Investigación editar

Gill é unha ecóloga que estuda a Idade de Xeo utilizando experimentos naturais do pasado para comprender os impactos do cambio climático na extinción e as interaccións de diferentes especies, comunidades e ecosistemas.[11] É profesora asistente cun cargo conxunto no Instituto de Cambio Climático e o Departamento de Bioloxía e Ecoloxía da Universidade de Maine.[6] Alí, Gill dirixe o laboratorio BEAST para investigacións sobre biodiversidade e contornas no espazo e o tempo.[12] Utilizando sedimentos e fósiles de lagos e pantanos, estuda o cambio climático durante os últimos 20.000 anos.[13] Concéntrase no Período Cuaternario, unha era de glaciacións alternas e subseguintes períodos cálidos.[14] A súa investigación suxire que os megaherbívoros axudaron a que os ecosistemas nos que viven sexan máis resistentes ao cambio climático.[15] Actualmente está a traballar cos núcleos de sedimento de Xamaica, buscando desenvolver un rexistro ambiental de incendios, vexetación e clima de 10,000 anos.[2] Gill está involucrada no Proxecto 23, que reconstruirá a rede alimentaria, para aprender como diferentes especies estaban conectadas cando non estaban baixo tensión climática.[16]

En 2019, mentres filmaba o documental "Lost Beasts of the Ice Age" en Siberia, Gill foi hospitalizada por unha trombose venosa profunda que se manifestou como múltiples coágulos de sangue tanto nas súas pernas como nos seus pulmóns. Tras recuperarse nun hospital de Yakutsk, Rusia, regresou ao seu fogar en Maine.[17]

Divulgación científica editar

 
Multitude na Marcha pola Ciencia, Washington DC.

Gill contribúe regularmente á comprensión pública da ciencia e a conservación do clima.[18][3][19] Está interesada na diversidade STEM, como os científicos adoptan os novos medios e aumentan o acceso de discapacitados nas conferencias.[20] É co-presentadora do podcast "Warm Regards" (fundado en xullo de 2016) xunto co meteorólogo Eric Holthaus e o xornalista climático Andy Revkin de The New York Times.[4][21] Cando Estados Unidos se retirou do Acordo Climático de París en 2017, Gill expresou: "Espero que a xente non vexa isto e pense que todo está perdido".[22][23] Inspirouse na Marcha das Mulleres en protesta pola elección de Donald Trump para organizar unha Marcha pola Ciencia, que resultou en 600 manifestacións o 22 de abril de 2017 (Día da Terra).[5][24] Gill deixou o comité organizador debido á resistencia dos líderes para abordar as desigualdades na raza e xénero.[25][26]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "This Ecologist Finds Clues to Anthropocene Survival in Ice Age Extinctions" (en inglés). Consultado o 2020-12-16. 
  2. 2,0 2,1 "10,000 years of climate and environmental changes in Jamaica, a biodiverse tropical island" (en inglés). Consultado o 2020-12-16. 
  3. 3,0 3,1 "Creative Conservation Solutions; Jacquelyn Gill, University of Maine - YouTube". Consultado o 2020-12-16. 
  4. 4,0 4,1 "Warm Regards on Apple Podcasts" (en inglés). Consultado o 2020-12-16. 
  5. 5,0 5,1 Writer, NOEL GALLAGHERStaff (2017-12-31). "Finalist: Jacquelyn Gill, creator of March for Science". Consultado o 2020-12-15. 
  6. 6,0 6,1 "Jacquelyn Gill - School of Biology and Ecology - University of Maine" (en inglés). Consultado o 2020-12-15. 
  7. Sally White (2014). "E. Lucy Braun Award" (en inglés). Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  8. "Ecological Society of America announces 2010 award recipients" (en inglés). Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  9. "Geography honors students with awards | College of Letters & Science, University of Wisconsin-Madison". Consultado o 2020-12-16. 
  10. Gill, Jacquelyn. "Cloning Woolly Mammoths: It's the Ecology, Stupid" (en inglés). Consultado o 2020-12-16. 
  11. "Ambassador Program" (en inglés). Consultado o 2020-12-16. 
  12. "Resources" (en inglés). 2012-08-17. Consultado o 2020-12-16. 
  13. "Dr. Jacquelyn Gill: Using Lake Sediments to Get to the Core of Key Issues in Ecology and Conservation" (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2015. 
  14. "Jacquelyn Gill, paleobiologist". Consultado o 2020-12-16. 
  15. Pilcher, Helen,. Bring back the king : the new science of de-extinction. ISBN 978-1-4729-1225-1. OCLC 962057645. Consultado o 2020-12-16. 
  16. Page, Geology (2017-01-25). "Researcher examines plants encased in tar pits to reconstruct ice age ecosystem" (en inglés). Consultado o 2020-12-16. 
  17. "For a UMaine professor, the trip of a lifetime turned into a nightmare" (en inglés). Consultado o 2020-12-16. 
  18. Ed Yong (24 de xullo de 2015). "Abruptly Warming Climate Triggered Megabeast Revolutions" (en inglés). Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  19. "Jacquelyn Gill | Aspen Ideas" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2021. Consultado o 2020-12-16. 
  20. "People Behind the Science Podcast - Stories from Scientists about Science, Life, Research, and Science Careers" (en inglés). Consultado o 2020-12-16. 
  21. Revkin, Andrew C. (2016-07-15). "A Podcast on Climate Science, Communication, Pokémon, the Presidency..." (en inglés). Consultado o 2020-12-16. 
  22. HoeyPortl, Dennis (2017-06-02). "Maine scientists, academics condemn Trump’s decision on climate accord, see consequences for state". Consultado o 2020-12-16. 
  23. Yong, Ed (2017-01-25). "Thanks to Trump, Scientists Are Planning to Run for Office" (en inglés). Consultado o 2020-12-16. 
  24. Gill, Jacquelyn (2017-04-21). "Opinion | The ‘war on science’ doesn’t just hurt scientists. It hurts everyone.". Washington Post (en inglés). ISSN 0190-8286. Consultado o 2020-12-16. 
  25. "Science march on Washington plagued by organizational turmoil" (en inglés). 2017-03-22. Consultado o 2020-12-16. 
  26. Basu, Tanya. "Why the "March for Science" is in Turmoil" (en inglés). Consultado o 2020-12-16.