Jacquelyn Campbell

Jacquelyn C. Campbell, nada o 26 de agosto de 1946, é unha enfermeira académica estadounidense coñecida pola súa investigación sobre violencia doméstica e violencia contra as mulleres, especialmente nos casos nos que a violencia acaba en homicidio, nos feminicidios. É profesora e presidenta da cátedra Anna D. Wolf na Escola de Enfermaría Johns Hopkins. É tamén a directora do programa nacional para o programa Nurse Faculty Scholars da Fundación Robert Wood Johnson.[1]

Infotaula de personaJacquelyn Campbell
Biografía
Nacemento26 de agosto de 1946 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Datos persoais
EducaciónUniversidade Duke (pt) Traducir
Universidade de Rochester (pt) Traducir
Wright State University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnfermaría Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónenfermeira , investigadora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Johns Hopkins Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

En 1985, Campbell desenvolveu o Danger Assessment (avalación do perigo), un cuestionario que está entre as primeiras ferramentas deseñadas para avaliar o risco dunha muller de ser asasinada por un compañeiro abusivo.[2] Está tamén deseñado para darlles ás mulleres máis protagonismo na planificación da súa propia seguranza e para darlles unha axuda máis personalizada. Tamén desenvolveu o "Lethality Assessment Program" (Programa de Valoración da Letalidade), que pretende ser unha ferramenta para a policía cando chega a incidentes de violencia doméstica. O programa foi adoptado por múltiples departamentos de policía en Maryland.[3]

Recoñecemento editar

Campbell foi escollida membro do Instituto de Medicina en 2000, e é membro da súa Xunta Directiva de Saúde Global. É tamén membro da Academia Americana de Enfermaría. Foi nomeada Investigadora Distinguida Pathfinder polo Instituto Nacional de Investigación en Enfermaría, e foi recoñecida nos Premios de Ciencias da Enfermaría da Escola de Enfermaría da Universidade de Duke, así como o Premio Vollmer da Sociedad Americana de Criminoloxía. Tamén foi unha das 17 primeiras bolseiras Gilman nomeadas por Johns Hopkins. En 2018 foi investida doutora honoris causa pola Universidade de Vigo.[4]

Notas editar

  1. "Jacquelyn C. Campbell, PhD, RN, FAAN" (en inglés). Danger Assessment. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  2. "RISK AND LETHALITY ASSESSMENT IN THE FIELD OF INTIMATE PARTNER VIOLENCE" (PDF) (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  3. Dahl, Julia. "A new model aims to catch domestic violence that is likely to turn fatal" (en inglés). CBS News. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  4. Tedín, Rosa (20 de xuño de 2018). "A máis alta distinción da Universidade para Jacquelyn C. Campbell, para o feminismo". Diario da Universidade de Vigo. Consultado o 27 de setembro de 2018. 

Bibliografía editar

Foi entrevistada por Celia P. Porto para a revista Luzes.[1]

  1. "Jacquelyn C. Campbell: Ciencia, paixón e compasión". Luzes. Consultado o 27 de setembro de 2018.