Jacobus Henricus van 't Hoff

(Redirección desde «Jacobus Henricus van't Hoff»)

Jacobus Henricus van 't Hoff, nado en Rotterdam o 30 de agosto de 1852 e finado en Berlín o 1 de marzo de 1911, foi un químico neerlandés que recibiu o primeiro Premio Nobel de Química da Historia, o 1901. Os seus estudos concentráronse na cinética química, no equilibrio químico, na presión osmótica e na cristalografía.

Jacobus Henricus van 't Hoff
Jacobus Henricus van 't Hoff
Datos persoais
Nacemento30 de agosto de 1852
LugarRotterdam Países Baixos Países Baixos
Falecemento1 de marzo de 1911
LugarBerlín, Alemaña Alemaña
Causatuberculose
SoterradoCemitério de Dahlem
ResidenciaPaíses Baixos Imperio alemán
NacionalidadeNeerlandesa
CónxuxeJohanna Francina Mees
Actividade
CampoQuímica
Alma máter
Director de teseEduard Mulder
Contribucións e premios
Coñecido por
Premios
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo dun médico, desde mozo interesouse pola ciencia e, en contra dos desexos do seu pai, estudou química no entón Instituto Politécnico de Delft, posteriormente na Universidade de Leiden, na de Bonn (onde coincidiu con Friedrich Kekulé), na de París onde estudou con Charles Adolphe Wurtz, recibindo o doutoramento na Universidade de Utrecht en 1874. En 1878 van 't Hoff casa con Johanna Francina Mees coa que tivo dúas fillas, Johanna Francina (n. 1880) e Aleida Jacoba (n. 1882), e dous fillos, Jacobus Hendricus (n. 1883) e Govert Jacob (n. 1889).

Posteriormente foi profesor nas universidades de Ámsterdan e Berlín, onde faleceu o 1 de marzo de 1911.

Investigacións científicas editar

Considerado un dos precursores da estereoquímica, a fin de explicar as dúas formas isómeras do ácido tartárico e outros casos de isomería óptica, propuxo en 1874, ao mesmo tempo que o francés Joseph A. Le Bel, a hipótese do carbono tetraédrico asimétrico.

Posteriormente levou a cabo estudos sobre afinidade química e sobre cinética das reaccións. Mediante a aplicación de conceptos termodinámicos ao estudo dos equilibrios químicos, determinou a relación entre constante de equilibrio e temperatura absoluta (ecuación ou isocora de Van’t Hoff).

Fixo ademais investigacións sobre o comportamento de disolucións diluídas, evidenciando certas analoxías cos gases, e introduciu o concepto de presión osmótica.

Recoñecementos editar

En 1901 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo descubrimento das leis da dinámica química e da presión osmótica nas solucións químicas, converténdose no primeiro premiado nesta categoría dos Premios Nobel instaurados aquel ano.

Na súa honra bautizouse o cráter Van' t Hoff sobre a superficie da Lúa.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
1º nomeado
Premio Nobel de Química
 

1901
Sucesor:
Hermann Emil Fischer