J Records
J Records foi un selo discográfico estadounidense propiedade de Sony Music Entertainment, e distribuído a través de RCA/Jive Label Group.
J Records | |
---|---|
![]() | |
Compañía nai | Sony Music Entertainment |
Fundado en | 2000 |
Fundador | Clive Davis |
Estado | defunto |
Distribuidoras | RCA/Jive Label Group (nos EEUU) RCA Records (fóra dos EEUU) |
Xénero(s) | varios |
Orixe | Estados Unidos ![]() |
http://jrecords.com/ | |
HistoriaEditar
J Records foi fundado no ano 2000 polo veterano industrial Clive Davis, con 15 millóns de dólares financiados pola BMG, despois da súa expulsión de Arista Records ese mesmo ano, e inicialmente operou como unha discografía independente ditribuída a traves da BMG. Olivia foi a primeira artista en asinar con J Records, pero posteriormente foi expulsada polas súas pobres vendas de álbums. No ano 2001, o selo tivo éxito coa súa primeira edición, o multi-platino Songs in A Minor, álbum de estrea de Alicia Keys, do que se venderon ao redor de 12 millóns de copias en todo o mundo. Ese mesmo ano, J Records tivo outro éxito co primeiro álbum de O-Town. Posteriormente artistas establecidos como D'Angelo, Jamie Foxx e Monica uníronse ao selo.
No ano 2002, BMG mercou unha participación maioritaria do selo. Ese mesmo ano, J Records comezou a funcionar baixo o RCA Music Group, onde Davis foi nomeado presidente e CEO, e asinou cos gañadores do programa American Idol Fantasia e Ruben Studdard. En agosto do 2005 as operacións de J Records fusionáronse coas de Arista Records, aínda que ámbolos dous selos continuaron editando os seus propios produtos.
Durante o verán do 2011 o RCA Music Group someteuse a unha reestruturación que levou ao peche de J Recors, xunto cos selos irmáns Jive e Arista, o día 7 de outubro[1]. RCA Records comezará a editar todos os traballos do RCA Music Group a través de RCA Records.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial (en inglés)