JSSW (Ji Shu Shiyan Weixing), tamén coñecidos como CK (Chang Kong) e como Proxecto 701, foi unha serie de satélites experimentais chineses.[1][2]

Características editar

A finalidade exacta dos satélites JSSW non se coñece, pero eran probablemente demostradores tecnolóxicos. A ausencia de emisións de radio desde os satélites cando sobrevoaban territorios non chineses levou a especular con que tivesen unha finalidade militar, cos satélites só emitindo datos ás estacións chinesas. Ningún dos satélites manobrou mentres estivo en órbita. Lanzáronse seis satélites JSSW, todos mediante foguetes Feng Bao 1, dos cales so tres chegaron a órbita.[1][2]

Historial de lanzamentos editar

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
JSSW 1a 18 de setembro de 1973 FB-1 Fallo
JSSW 1b 12 de xullo de 1974 FB-1 Fallo
JSSW 1 26 de xullo de 1975 FB-1 Éxito
JSSW 2 16 de decembro de 1975 FB-1 Éxito
JSSW 3 30 de agosto de 1976 FB-1 Éxito
JSSW 4 10 de novembro de 1976 FB-1 Fallo

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "JSSW" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "JSSW / CK" (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar