Jīnxiāo duō zhēnzhòng

filme de 2020 dirixido por Wayne Peng

Jīnxiāo duō zhēnzhòng (en chinés: 今宵多珍重) é un filme de 2020 producido por Singapur e Taiwán escrito e dirixido por Wayne Peng. Está protagonizado por Chuando Tan, Nayeli, Chang Tsu-lei, Lydia Lau King-man, Chen Yixin, Xiang Yun e Tay Ping Hui.[2] O filme estreouse na 57ª edición do Golden Horse Film Festival o 5 de novembro de 2020.[3][4] Estreouse oficialmente en Singapur o 29 de abril de 2021. Recibiu dous nomeamentos nos premios Golden Horse, incluíndo mellor fotografía para Wayne e mellor maquillaxe e deseño de vestiario para Lim Sau-hoong.[5][6] Foi escollido como candidato de Singapur para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios,[7][8] mais finalmente non foi nomeado.

Jīnxiāo duō zhēnzhòng
Ficha técnica
Título orixinal今宵多珍重
DirectorWayne Peng
ProdutorChen Chi-yuan
Wayne Peng
GuiónWayne Peng
IntérpretesChuando Tan
Nanyeli
Chang Tsu-lei
Lydia Lau King-man
Chen Yixin
Xiang Yun
Tay Ping Hui
MúsicaEvan Roberts
FotografíaWayne Peng
MontaxeLawrence Ang
EstudioPure Films
Infinite Frameworks Pte. Ltd.
Distribuidoramm2 Entertainment
Estrea5 de novembro de 2020
Duración80 minutos[1]
Orixe Singapur
Taiwán
XéneroSuspense
Na rede
IMDB: tt13212746 Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Na década de 1960 en Singapur, a historia segue a un médico de 30 anos (Chuando Tan) que se ve atrapado nunha rede de enganos, sexo e mentiras. O filme é un drama de asasinato que xira arredor dun médico que fai unha chamada telefónica a unha familia misteriosa e adiñeirada.

Elenco editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar