Jóhanna Sigurðardóttir

política islandesa

Jóhanna Sigurðardóttir, nada en Reiquiavik o 4 de outubro de 1942, é unha política islandesa. Foi nomeada Ministra de Asuntos Sociais e Seguridade Social o 24 de maio de 2007, cargo que xa asumira entre 1987 e 1994, baixo o nome de Ministra de Asuntos Sociais.

Infotaula de personaJóhanna Sigurðardóttir
Biografía
Nacemento4 de outubro de 1942 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Reiquiavik
Cargos

Primeira Ministra de Islandia
Período1 de febreiro de 2009 - 23 de maio de 2013.
AntecesorGeir Hilmar Haarde
Datos persoais
País de nacionalidadeIslandia Editar o valor em Wikidata
EducaciónCommercial College of Iceland (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónPolítica
Partido políticoAlianza Socialdemócrata
LinguaLingua islandesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJónína Leósdóttir

Páxina webalthingi.is… Editar o valor em Wikidata
Facebook: johannasig Editar o valor em Wikidata

Membro da Alianza Socialdemócrata, formou parte do Parlamento de Islandia ininterrompidamente dende 1978,[1] sendo reelecta sucesivamente en oito ocasións. O 1 de febreiro de 2009 converteuse na primeira muller que asume o cargo de Primeiro Ministro de Islandia. Sendo publicamente lesbiana, converteuse na primeira xefa de goberno recoñecida como LGBT do mundo.[2][3]

Traxectoria editar

Sigurðardóttir estudou no Commercial College of Iceland, unha escola vocacional operada pola Cámara de Comercio de Islandia. Logo da súa gradación en 1960, traballou como auxiliar de voo en Loftleiðir (empresa predecesora de Icelandair) e tamén como oficinista. Foi un membro activo en organizacións de traballadores desde o inicio da súa vida profesional, presidindo a Xunta da «Asociación Islandesa de Tripulantes de Cabina» nos anos 1966 e 1969, e tamén a Xunta de Svölurnar, Asociación de Ex Auxiliares de Voo, en 1975. Tamén foi membro da Unión de Traballadores do Comercio dende 1976 até 1983.[4]

En 1978 foi elixida para ocupar un cargo no Alþingi pola lista do Partido Social Demócrata pola circunscrición de Reiquiavik. Gozou dun temperán éxito na súa carreira parlamentaria, asumindo a vicepresidencia do Alþingi en 1979 e posteriormente entre os anos 1983 e 1984.[1] Tamén foi vicepresidenta do Partido Social Demócrata dende 1984, cargo que deixou en 1993.

Tamén foi Ministra de Asuntos Sociais baixo catro gobernos sucesivos desde 1987 a 1994. Logo de perder as eleccións á presidencia dese partido, realizou unha declaración que se transformaría posteriormente nunha frase icona do islandés: "Minn tími mun koma!" ("O meu tempo vai chegar!").[5] Tralas eleccións, formou ao Þjóðvaki. Os dous partidos fusionáronse en 2000 formando a Alianza Socialdemócrata.

Entre 1994 e 2003, Jóhanna foi un activo membro da oposición no Alþingi, participando en numerosos comités parlamentarios. Logo das eleccións de 2003, nas que foi elixida pola circunscrición de Reiquiavik Sur (logo da división da antiga circunscrición de Reiquiavik), foi reelixida para a vicepresidencia do Alþingi. As eleccións de 2007, nas que Jóhanna asumiu pola circunscrición de Reiquiavik Norte, viron o retorno da Alianza Socialdemócrata ao goberno en coalición co Partido de Islandia. O mesmo ano foi nomeada Ministra de Asuntos Sociais e Seguridade Social.[1]

A esposa de Jóhanna é a autora e dramaturga Jónína Leósdóttir (nada en 1954). A parella uniuse en 2002[6], e casaron o 27 de xuño de 2010, o día en que se entrou en vigor en Islandia o matrimonio entre persoas do mesmo sexo[7].

Crise política de 2009 editar

 
Jóhanna Sigurðardóttir, a segunda dende a esquerda, nunha reunión de ministros nórdicos en Dinamarca en 2007.

O 26 de xaneiro de 2009 o primeiro ministro Geir Haarde anunciou a súa renuncia e a de todo o seu gabinete, ademais da disolución da coalición que representaba, ao Presidente de Islandia, Ólafur Ragnar Grímsson. Isto tras 16 semanas de protestas contra o manexo do goberno fronte á grave crise económica que afecta o país.

Logo das conversacións dos líderes do cinco partidos representados no Alþingi, o presidente solicitou á Alianza Socialdemócrata e o Movemento de Esquerda-Verde formar un novo goberno e preparar eleccións para a primavera boreal.[8]

Jóhanna Sigurðardóttir foi proposta como primeira ministra para o novo goberno, debido á súa popularidade entre o público xeral e as súas boas relacións co Movemento de Esquerda-Verde. Unha enquisa de opinión realizada por The Gallup Organization en decembro de 2008 atopou que o 73% dos enquisados aprobaron a súa xestión como ministra, máis que calquera outro membro do gabinete. Ademais, foi a única ministra que mellorou a súa aprobación durante 2008.[9]

O novo goberno necesitaba o apoio do Partido Progresista no Alþingi. As negociacións continuaron até a tarde do 31 de xaneiro, asumindo o novo gabinete o 1 de febreiro de 2009 e convertendo así a Jóhanna Sigurðardóttir na primeira muller que asume como Primeiro Ministro de Islandia, e ademais, a primeira xefa de goberno homosexual do mundo. A nova coalición acordou adiantar as eleccións (orixinalmente fixadas polo primeiro ministro anterior Geir Haarde para o 9 de maio) ao 25 de abril.[10]

O goberno provisional de esquerdas islandés obtivo unha histórica vitoria nas eleccións xerais do 25 de abril. O Partido Socialdemócrata e o Movemento Esquerda-Verdes, aliados no Goberno interino formado en febreiro, obtiveron unha maioría absoluta de 34 dos 63 escanos do Parlamento. Os socialdemócratas obtiveron un 29,8% (20 escanos) e os seus aliados un 21,7% (14 escanos), é dicir, unha maioría do 51,5% entre os dous. Johanna Sigurðardottir, de 66 anos, foi confirmada no cargo.

Posturas políticas editar

Apoia o ingreso de Islandia á Unión Europea e o establecemento do euro como moeda.[11]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Geir Hilmar Haarde
Primeiro Ministro de Islandia
2009 -

 

Sucesor:
No cargo