János Bolyai
János Bolyai, nado o 15 de decembro de 1802 en Kolozsvár (actual Romanía) e finado 27 de xaneiro de 1860, foi un matemático húngaro. Seu pai, Farkas Bolyai, tamén era matemático e amigo de Carl Friedrich Gauss.
János Bolyai | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 15 de decembro de 1802 |
Lugar de nacemento | Cluj-Napoca |
Falecemento | 27 de xaneiro de 1860 |
Lugar de falecemento | Târgu Mureș |
Causa | doenza |
Soterrado | Reformed Protestant cemetery |
Nacionalidade | Imperio austríaco |
Alma máter | Theresian Military Academy |
Ocupación | matemático |
Pai | Farkas Bolyai |
Coñecido por | Xeometría non euclidiana |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Aos 13 anos xa dominaba o cálculo. Entre 1818 e 1822 estudou no Colexio Real de Enxeñaría en Viena. En 1832 publicou un completo tratado sobre xeometría non euclídea, sen coñecer a Nikolai Lobachevski, que tres anos antes publicara un estudo similar, polo que os seus logros matemáticos non foron merecidamente recoñecidos.
Pertenceu ao corpo de oficiais-enxeñeiros da armada austríaca durante 11 anos, onde se destacou pola súa gran capacidade lingüística, que lle permitiu falar ata nove idiomas estranxeiros (incluído o chinés) e polas súas cualidades de violinista, bailarín e esgrimista.
En 1833, aqueixado de febres, tivo que xubilarse da súa carreira militar. Dende entón adicouse á investigación matemática. Morreu de pneumonía, o 27 de xaneiro de 1860 en Marosvásárhely, Hungría.
Na súa honra, déuselle o seu nome a un cráter lunar.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: János Bolyai |