János Arany
János Arany, nado en Nagyszalonta o 2 de marzo de 1817 e finado en Budapest o 22 de outubro de 1882 foi un xornalista, escritor e tradutor húngaro.[1][2] Famoso como autor de baladas, escribiu máis de 40 que se traduciron a 50 linguas, así como pola triloxía épica Toldi.
Nome orixinal | (hu) Arany János |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 2 de marzo de 1817 Salonta, Romanía (pt) |
Morte | 22 de outubro de 1882 (65 anos) Budapest, Hungría |
Causa da morte | pneumonía |
Lugar de sepultura | Cemitério de Kerepesi (pt) |
Educación | Reformed College of Debrecen (en) (1833–1836) |
Actividade | |
Ocupación | lingüista, xornalista, escritor, poeta, tradutor |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Julianna Ercsey |
Fillos | Julianna Arany, László Arany |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Арань Янош) Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarNaceu no condado de Bihar na Hungría dos Habsburgo[3]. Era o máis novo de dez nenos, mais debido á tuberculose, só dous deles pasaron da infancia. No tempo do seu nacemento, a súa irmá máis vella Sára xa estaba casada e os seus pais, György Arany e Sára Megyeri, tiñan 60 e 44 anos, respectivamente. János Arany aprendeu a ler e escribir con tres ou catro anos [4], e lía calquera cousa que atopaba en húngaro e latín. Para axudar na casa, empezou a traballar aos 14 anos como axudante de profesor.
Dende 1833 estudou Colexio Reformado de Debrecen alemán e francés ao tempo que daba clases particulares. En 1836 deixou os estudos e entrou durante un breve período de tempo nun grupo de teatro. En 1839 volveu á súa localidade natal traballando como profesor particular.
En 1845 gañou a competición da sociedade literaria Kisfaludy Társaság co poema épico-satírico, "Az elveszett alkotmány".
Tras publicar o poema épico Toldi, un dos seus traballos máis coñecidos, fíxose amigo de Sándor Petőfi e a súa morte na Revolución Húngara de 1848 impactouno grandemente.
Entrou na Academia Húngara de Ciencias en 1858 e foi o seu secretario xeral dende 1865. Tamén foi director da Sociedade Kisfaludy, a asociación literaria máis grande de Hungría.
A morte da súa filla, Julianna en 1865 marcouno fondamente, Arany non volveu escribir outra peza orixinal ata 1877, cando empezou traballar no ciclo poético Őszikék.
Obra
editarTraduciu tres obras de Shakespeare ao húngaro, Soño dunha noite de San Xoán, Hamlet e King John, así como obras de Aristófanes, Mikhail Lérmontov, Alexander Pushkin e Molière.
A poesía épica de János Arany presenta o pasado mítico e histórico da súa nación. Buda halála (1863), a primeira parte dunha proxectada triloxía é un mellores poemas narrativos da literatura húngara. As outras partes da triloxía (Ildikó, e Csaba) quedaron inacabadas.
Un dos seus poemas máis famosos é A Walesi Bárdok que escribiu cando Francisco Xosé I de Austria visitou Hungría por primeira volta despois da derrota da Revolución Húngara de 1848. É unha peza sobre das campañas de Eduardo I de Inglaterra para subxugar os galeses e pisar a súa cultura.[5] Arany trazaba un paralelo co tratamento de Austria a Hungría e aos húngaros.
Notas
editar- ↑ Emil Reich: Hungarian Literature: An Historical & Critical Survey – Page 193 Publisher: L.C. Page, 1899
- ↑ "Janos Arany - Poetry & Biography of the Famous poet - All Poetry". allpoetry.com. Consultado o 2017-06-21.
- ↑ Dende 1920 a súa localidade natal pertence a Romanía
- ↑ "Arany János Gyermek- és ifjúkora". magyar-irodalom.elte.hu. Consultado o 3 de marzo de 2016.
- ↑ "Tale of Welsh bards’ massacre taught to generations... in Hungary". walesonline.
Véxase tamén
editarA Galifontes posúe textos orixinais acerca de: János Arany |
A Galicitas posúe citas sobre: János Arany |