Ján Kollár
Ján Kollár nado en Mošovce o 29 de xullo de 1793 e finado en Viena o 24 de xaneiro de 1852, foi un escritor e poeta eslovaco do Romanticismo, arqueólogo, científico e político. Foi un dos primeiros ideólogos do paneslavismo.
Ján Kollár | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Čechobratr Protištúrsky e Čechobratr Protištúrský |
Nacemento | 29 de xullo de 1793 |
Mošovce, ![]() | |
Falecemento | 24 de xaneiro de 1852, 59 anos |
Viena, Austria, ![]() | |
Soterrado | Cemitérios Olšany |
Nacionalidade | Imperio austríaco |
Relixión | luteranismo |
Alma máter | Universidade de Jena |
Ocupación | escritor, lingüista, poeta, filósofo, pedagogo, profesor universitario, arqueólogo, político, folclorista, mestre, folk song collector, predicador, historiador e slavicist |
Xéneros | Poesía, Arqueoloxía, Ciencia |
Na rede | |
![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou nun colexio luterano de Bratislava[1], onde foi ordenado sacerdote, sendo destinado a exercer o seu servizo a Budapest. Desde 1849 foi profesor na Universidade de Viena. Exerceu como Conselleiro de Goberno do Imperio Austríaco nos asuntos relacionados con Eslovaquia.
Kollar distinguiuse por impulsar o movemento nacionalista eslovaco e a idea do Paneslavismo. Considerou que nas linguas eslavas podían distinguirse catro grandes grupos: a ruso, a polaco, a checo-eslovaco e serbocroata.
No 1974 adicóuselle un museo no celeiro da súa casa natal de Mošovce, xa que o resto da casa sufrira un incendio o 16 de agosto de 1863. No 2009 construíuse unha réplica da casa orixinal na que está agora o museo.[2]
ObraEditar
Ademais da súa poesía, escribiu obras de interese científico e de arqueoloxía. As máis destacadas son:
- Slávy dcera (A filla de Sláva). Nesta obra expresa os seus sentimentos por unha muller que, ao cabo, é unha personificación da patria.
- O literární vzájemnosti mezi kmeny a nářečími slavskĭmi (Sobre a reciprocidade literaria entre a tribos eslavas e as vernáculas).
NotasEditar
- ↑ Petro, Peter (1995). A History of Slovak Literature (1 ed.). Mcgill Queens's University Press. p. 66.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 31 de xaneiro de 2014.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ján Kollár |