J'ai tué ma mère

filme de 2009 dirixido por Xavier Dolan

J'ai tué ma mère é un filme canadense de 2009 escrito e dirixido por Xavier Dolan. O filme atraeu a atención da prensa internacional cando gañou tres premios na sección Director's Fortnight no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2009.[3][4] Logo de ser proxectado no festival, o filme recibiu unha grande ovación en pé do público.[5] Estreouse en 12 cinemas no Quebec e en 60 en Francia.[6][7][8]

J'ai tué ma mère
Ficha técnica
Título orixinalJ'ai tué ma mère
DirectorXavier Dolan
ProdutorXavier Dolan
Carole Mondello
Daniel Morin
GuiónXavier Dolan
IntérpretesXavier Dolan
Anne Dorval
Suzanne Clément
François Arnaud
MúsicaNicholas Savard-L'Herbier
FotografíaStéphanie Weber Biron
Nicolas Canniccioni
MontaxeHélène Girard
DistribuidoraRézo Films (Francia)
K Films Amerique (Canadá)
Kino Lorber (USA)
EstreaFestival de Cannes: 18 de maio de 2009
5 de xuño de 2009
Duración96 minutos[1]
Orixe Canadá
XéneroDrama
Orzamento450 000 CA$ (estimado)
Recadación32 803 CA$[2]
Na rede
http://www.xavier-dolan.com/films/jai-tue-ma-mere/
IMDB: tt1424797 Filmaffinity: 920071 Allocine: 145951 Rottentomatoes: m/i_killed_my_mother Allmovie: v488831 TCM: 775489 Metacritic: movie/i-killed-my-mother TV.com: movies/i-killed-my-mother Netlix: 70120808Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Hubert é un adolescente de dezaseis anos que vive nun suburbio de Montreal coa súa nai, Chantale, que se divorciou do pai de Hubert, Richard, cando el era aínda un neno. O pai non participa na educación e Hubert explica que a nai casou e concibiuno porque iso é o que se espera en xeral das mulleres. Ao adolescente amólalle todo da súa nai, basicamente vea como unha persoa vulgar, inmatura e de mal gusto.

No colexio reciben a tarefa de entrevistar os pais para logo facer unha estatística sobre cuestións como a profesión dos proxenitores e os ingresos do fogar. Hubert séntese avergoñado e para evitar facer o traballo dille á profesora Julie Cloutier que a súa nai morreu. Máis tarde Cloutier descobre que iso non é certo e expresa esa mentira como "mataches a túa nai".

Personaxes editar

Notas editar

  1. British Board of Film Classification, ed. (23 de setembro de 2010). "J'AI TUE MA MERE - I KILLED MY MOTHER (15)". Consultado o 4 de outubro de 2012. 
  2. "Playback - RBC HotSheet". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2012. Consultado o 04 de maio de 2020. 
  3. "Québécois filmmaker electrifies Cannes" Arquivado 28 de maio de 2009 en Wayback Machine.. The Globe and Mail, 25 de maio de 2009.
  4. Montreal Gazette, ed. (23 de maio de 2009). "Quebec film scores hat trick at Cannes". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2009. Consultado o 25 de maio de 2009. 
  5. Stone, Jay (20 de maio de 2009). "Quebec film a hit at Cannes" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2012. Consultado o 25 de maio de 2009. 
  6. Bélanger, Cédric (22 de maio de 2009). Canoe, ed. "Xavier Dolan gagne trois prix a Cannes" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2011. Consultado o 25 de maio de 2009. 
  7. Radio-Canada, ed. (20 de maio de 2009). "Festival de Cannes : Acceuil remarquable pour Dolan" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2019. Consultado o 26 de maio de 2009. 
  8. "RSS Hysteria: Xavier Dolan & his mother at TIFF". Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2012. Consultado o 23 de setembro de 2009. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar