Abrir o menú principal

Izar Fene foi o nome co que se coñeceu un estaleiro do grupo Izar Construcciones Navales en Fene. Foi absorbido en 2005 pola nova compañía naval pública Navantia.

Ata o ano 2000, este estaleiro foi coñecido como ASTANO (Astilleros y Talleres del Noroeste), e funcionaba como estaleiro público de construción civil entón xa limitado ao mercado offshore e as reparacións navais.

En decembro de 2004, a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), accionista e xestora do grupo Izar, decide a segregación da rama militar de Izar, creando en marzo de 2005 a sociedade Navantia, formada polos asteleiros de Ferrol, Fene, Puerto Real, San Fernando, Cádiz e Cartagena. Fusionando así Astilleros Españoles, construccións navais civís, con Bazán construccións navais militares.

A produción civil destas plantas quedou limitada dende entón a un 20% da actividade total do grupo[Cómpre referencia] no sector civil por compromiso do goberno español con Bruxelas. En abril de 2005 a SEPI comezou o proceso de liquidación de Izar Fene, que dende entón non opta a novos contratos -só pode operar no sector militar- e afronta a súa disolución e peche definitivo. En 2014 Navantia Fene (antigo Astano) rematará o veto imposto pola Unión Europea á construción civil naval.