Ivonka Survila

política bielorrusa

Ivonka Survila (en belaruso: Івонка Сурвіла ), nada en Stoŭbcy o 11 de abril de 1936, é unha política belarusa que dende 1997 é a presidenta da República Democrática Belarusa no exilio.

Ivonka Survila
Pres. Ivonka Survilla.jpg
Nome completoIwonka Szymaniec
Nacemento11 de abril de 1936
Lugar de nacementoStolbtsy
NacionalidadeCanadá
Alma máterFaculty of Arts of Paris e Escola Nacional Superior das Belas-Artes
Ocupaciónpolítica, pintora e filóloga
PaiUladzimir Shymaniets
CónxuxeJanka Survilla
FillosMaria Paula Survilla
PremiosQueen Elizabeth II Diamond Jubilee Medal
Na rede
http://www.radabnr.org/starsynia/
Ivonka Survilla signature.png
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu nunha localidade fronteiriza, entón parte de Polonia. Seu pai é Uladzimir Šymaniec, enxeñeiro, e súa nai Evelina Šymaniec, Paškievič de nacenza.

En 1940, despois da anexión de Belarús occidental polos soviéticos, arrestaron a seu pai e condenárono a cinco anos nun campo de concentración mais polo ataque alemán á URSS evitou ir ao gulag[1]. En 1944 os Šymaniec abandonaron Belarús para se refuxiaren no oeste, cruzando Prusia Oriental e, xunto con outros miles de refuxiados, chegaron a Dinamarca, onde viviron nun campo de refuxiados durante varios anos. No camiño, morreu a irmá menor de Ivonka. En 1948 a familia instalouse en París e Ivonka estudou arte na Escola de Belas Artes e ciencias sociais na Sorbona.

En agosto de 1959 casou con Janka Survila, activista belaruso e locutor de radio e Ivanka mudouse a Madrid onde seu home era o encargado dende o seu inicio, o 8 de decembro de 1958, do programa belaruso de Radio Nacional de España e a partir de 1961 coa marcha do seu axudante ela asumiu ese posto[2]. Tras o peche do programa traballou como profesora no Instituto Francés de Madrid. A parella instalouse en decembro de 1969 en Ottawa, na capital do Canadá ao lograr Ivonka superar un exame na embaixada canadense en Madrid como tradutora de inglés ao francés para a Oficina de Tradución da administración federal canadense. Posteriormente, foi xefa dos servizos lingüísticos do departamento responsable da política federal de saúde no Canadá, Health Canada[3]. No Canadá, Ivonka converteuse nun membro activo das organizacións belarusas locais. Entre 1974 e 2002 foi presidenta do Instituto Belaruso de Arte e Ciencias do Canadá[4] e en 1984 estivo no comité directivo do Consello Ethnocultural do Canadá[5] como directiva do Comité de Coordinación Belaruso-Canadense.

Algún tempo despois do desastre de Chernóbil, en 1989 creou co seu home e mais Zina J. Gimpelevich e Pauline Paszkievicz-Smith o Fondo canadense para as vítimas de Chernóbil en Belarús para ofrecer axuda médica de diversas formas, incluída a organización de visitas médicas entre o Canadá e Belarús e a acollida de mozos belarusos enfermos en institucións canadenses.

Dende 1997 Ivonka Survila é a presidenta da Rada da República Democrática de Belarús "no exilio", a primeira muller en asuilo, e dende o seu posto combateu o presidente belaruso Lukašenka, considerado pola organización como "antibelaruso". Ivonka Survilla foi unha das asinantes fundadoras en 2008 da Declaración de Praga sobre conciencia europea e o comunismo [6].

NotasEditar