Riki

futbolista español
(Redirección desde «Iván Sánchez Rico»)

Iván Sánchez-Rico Soto, alcumado Riki, nado en Aranjuez o 11 de agosto de 1980, é un ex-futbolista español que xogaba de dianteiro. Tras debutar co primeiro equipo do Real Madrid en 2003 e de xogar dúas campañas co Getafe en Primeira División, fichou polo Deportivo da Coruña, no que desenvolveu boa parte da súa carreira deportiva, disputando 226 partidos e marcando 58 goles en sete tempadas.

Riki
Riki xogando para o Deportivo.
Información persoal
Nome Iván Sánchez-Rico Soto
Nacemento 11 de agosto de 1980 (43 anos)
Lugar de nacemento Aranjuez
Altura 1,87 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1986–1995 Loyola
1995–1999 Ancora Aranjuez
1999–2000 Aranjuez
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1999–2000 Aranjuez
2000–2002 Real Madrid C
2002–2004 Real Madrid B 51 (20)
2004–2006 Getafe 61 (10)
2006–2013 Deportivo da Coruña 204 (52)
2013–2015 Granada 36 (2)
2015–2016 Guadalajara 11 (4)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Inicios editar

Comezou a xogar ao fútbol no Colexio Salesianos Loyola, do seu Aranjuez natal, pasando logo á canteira do Áncora Aranjuez, club do que formou parte dos 14 ata os 19 anos. A continuación pasou ao Real Aranjuez, co que debutou na Terceira División durante a tempada 1999/00.

Real Madrid editar

No ano 2000 chegou ao Real Madrid para xogar no terceiro equipo deste, o Real Madrid C, no que estivo dúas tempadas antes de subir ao segundo equipo, o Real Madrid Castilla, da Segunda División B. Foi na súa segunda campaña no Castilla, con López Caro como adestrador, cando empezou a destacar especialmente, anotando 18 goles na liga e dous na promoción de ascenso.

A súa progresión permitiulle debutar co primeiro equipo do Real Madrid. Foi nunha eliminatoria da Copa do Rei ante o San Sebastián de los Reyes, na que disputou os últimos dez minutos de xogo como substituto de Guti.[1]

Getafe editar

Na tempada 2004/05 fichou polo Getafe de Quique Sánchez Flores. Debutou na segunda xornada, xogando como titular nunha derrota por 1-2 diante do Mallorca no Coliseum Alfonso Pérez, e completou a campaña con dous goles na liga e dous na Copa do Rei. Os seus números melloraron considerablemente na seguinte tempada, con Bernd Schuster no banco e con Dani Güiza como compañeiro no ataque, anotando un total de 10 goles.[2]

Deportivo da Coruña editar

No verán de 2006 fichou polo Deportivo da Coruña. Na súa primeira campaña no club galego disputou un total de 37 partidos, 30 deles como titular, e marcou 3 goles. Foi suplente na maior parte da seguinte tempada, debido ao gran momento de forma do seu compañeiro Xisco. Coa marcha do balear ao Newcastle United, as cesións de Rubén Castro ao SD Huesca e Taborda ao Hércules CF no mercado estival e a pouca confianza do adestrador Miguel Ángel Lotina en Rodolfo Bodipo, Riki recuperou a titularidade na tempada 2008/09, na que fixo unha gran precampaña. Por desgraza unha lesión de carácter muscular no primeiro encontro de liga contra o Real Madrid tívoo apartado do equipo un mes, tempo no que, o en principio descartado Bodipo, conseguiu arrebatarlle a titularidade debido ao pouco rendemento das novas fichaxes Omar Bravo e Mista. Riki rematou a tempada con 9 goles, un deles nun partido da Copa da UEFA ante o Hajduk Split.[3]

Na tempada 2009/10 foi o máximo goleador do equipo, con 8 goles, a pesar das tres lesións que sufriu durante a temporada. En abril de 2010 renovou o seu contrato co Deportivo da Coruña ata o ano 2013.[4] Na 2010/11 disputou 19 partidos de liga, saíndo de inicio só en 8 deles, e marcou 3 goles, nunha mala tempada do equipo coruñés, que acabou descendendo á Segunda División. Na seguinte tempada, xa na categoría de prata, Riki comezou a maioría de partidos dende o banco, pero aínda así foi o máximo goleador do equipo na liga, empatado a 14 goles con Lassad, sendo unha peza clave para o equipo de Oltra se proclamase campión e ascendese de novo a Primeira.[5][6]

A tempada 2012/13 foi a última de Riki no Deportivo e pechouna como o máximo goleador do equipo, con 13 tantos. Con todo, o conxunto coruñés acabou descendendo por segunda vez en tres anos. O 3 de xuño de 2013 Riki anunciou que non continuaría no Deportivo, despois de 7 anos no club, 226 partidos e 58 goles.[7]

Granada editar

Unhas semanas despois de anunciar a súa marcha do Deportivo, firmou por tres campañas co Granada, da Primeira División.[8] O seu rendemento no club andaluz estivo por debaixo do esperado durante a súa primeira tempada,[9] na que marcou só dous goles en 28 partidos, e empeorou na campaña 2014/15, na que apenas contou para o adestrador Joaquín Caparrós e os sucesores no banco, xogando só once partidos, dous deles como titular, sen conseguir ver porta. No verán de 2015, despois de non chegar a un acordo co club para a rescisión do seu contrato, foi despedido pola entidade granadina.[10]

Guadalajara editar

A continuación firmou por dous anos polo Guadalajara, de Segunda División B.[11] As lesións impedíronlle ter regularidade no equipo de Castela-A Mancha, que acabou por descender á Terceira División.[12] Xogou un total de 11 partidos, nos que marcou 4 goles, retirándose despois dunha soa tempada no club.

Estatísticas editar

Club Tempada División Liga Copa do Rei Comp. europea[N 1] Outros[N 2] Total
Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles Partidos Goles
Real Aranjuez 1999/00 Terceira División 8 1 - - - - - - 8 1
Real Madrid C 2000/01 Terceira División - - - - - -
2001/02 Terceira División - - - - - -
Total club
Real Madrid Castilla 2002/03 Segunda División B 19 2 - - - - - - 19 2
2003/04 Segunda División B 32 18 - - - - 6 2 38 20
Total club 51 20 0 0 0 0 6 2 57 22
Real Madrid 2003/04 Primeira División 0 0 1 0 0 0 - - 1 0
Getafe 2004/05 Primeira División 29 2 3 2 - - - - 32 4
2005/06 Primeira División 32 8 3 2 - - - - 35 10
Total club 61 10 6 4 0 0 0 0 67 14
Deportivo da Coruña 2006/07 Primeira División 33 3 4 0 - - - - 37 3
2007/08 Primeira División 32 5 2 0 - - - - 34 5
2008/09 Primeira División 28 6 2 1 7 2 - - 37 9
2009/10 Primeira División 26 8 2 0 - - - - 28 8
2010/11 Primeira División 19 3 3 2 - - - - 22 5
2011/12 Segunda División 30 14 2 1 - - - - 32 15
2012/13 Primeira División 36 13 0 0 - - - - 36 13
Total club 204 52 15 4 7 2 0 0 226 58
Granada 2013/14 Primeira División 27 2 1 0 - - - - 28 2
2014/15 Primeira División 9 0 2 0 - - - - 11 0
Total club 36 2 3 0 0 0 0 0 39 2
Guadalajara 2015/16 Segunda División B 11 4 - - - - - - 11 4
Total carreira 371 89 25 8 7 2 6 2 409 101
  1. Inclúe partidos de Copa da UEFA e Copa Intertoto
  2. Inclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda División

Palmarés editar

Deportivo da Coruña

Notas editar

  1. Del Río, Joel (19 de febreiro de 2023). "¿Qué fue de 'Los Pavones' originales? Un campeón del mundo, dos pasaron por la cárcel, uno en 'paro', otro con una película...". Marca (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2023. 
  2. Casado, Edu (15 de febreiro de 2020). "Qué fue de… Riki: un currante del gol que se ha pasado a la hostelería". 20 minutos (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2023. 
  3. "Riki y Guardado se bastan para pasar" (en castelán). 29 de agosto de 2008. Consultado o 13 de xuño de 2023. 
  4. "Riki renueva con el Deportivo de la Coruña hasta junio de 2013"
  5. Sanz, Miguel (12 de maio de 2023). "El récord del Dépor de Oltra, insuperable una temporada más" (en castelán). Consultado o 13 de xuño de 2023. 
  6. "Uno por uno. Los artífices del ascenso." (en castelán). Consultado o 13 de xuño de 2023. 
  7. "Riki: "A nivel mental no estaba preparado para seguir"". Marca (en castelán). 4 de xuño de 2013. Consultado o 13 de xuño de 2023. 
  8. "Riki jugará en el Granada las tres próximas temporadas". Marca (en castelán). 22 de xuño de 2013. Consultado o 13 de xuño de 2023. 
  9. "El Granada podría despedir a Riki" (en castelán). 22 de agosto de 2014. Consultado o 13 de xuño de 2023. 
  10. Yepes, Sergio (8 de xullo de 2015). "El Granada CF despide a Riki, con el que quiere llegar a un acuerdo para no ir a juicio" (en castelán). Consultado o 13 de xuño de 2023. 
  11. "Riki, un refuerzo de Primera para el C.D. Guadalajara" (en castelán). 31 de agosto de 2015. Consultado o 13 de xuño de 2023. 
  12. Varela, Miguel (1 de xuño de 2016). "Riki: «Siempre llevaré al Deportivo y a su gente en el corazón»" (en castelán). Consultado o 13 de xuño de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar