Iulius exclusus e coelis

Iulius exclusus e coelis (Xulio rexeitado do ceo, en tradución ó galego) é unha sátira sobre o pontificado de Xulio II, escrita por Erasmo de Rotterdam.

Orixe editar

Este xénero era habitual na época do autor. Nel aparecen temas habituais na obra de Erasmo: o pacifismo, os horrores da guerra e a esixencia de reformas no papado e de determinadas estruturas da igrexa católica. Escribiuse no 1513 xusto despois da morte de Xulio II, mais publicouse en Basilea no 1516 sen o nome do autor. Probablemente isto debeuse a que Erasmo non quería perder o favor do novo Papa León X, baixo o cal ía publicar o Novo Testamento en grego. Adicionalmente Erasmo quería evitar que se lle identificara co movemento luterano, en auxe naqueles momentos.

Contido editar

O diálogo en cuestión é un resumo das ideas e propostas que Erasmo tiña sobre a reforma da Igrexa. Por medio da ironía presenta os males do papado e da xerarquía eclesiástica: ambicións materiais, un estilo de vida lonxe do espiritualismo e do ascetismo cristián e unha excesiva belicosidade que provocaba guerras e perdas de vidas humanas. Este pacifismo do autor quedou reflectido noutras obras do autor, coma por exemplo: Querela pacis (Lamento pola paz), Dulce bellum inexpertis (Fermosa é a guerra para os que non a sofren) ou Oratio de pace e discordia (Discurso sobre a paz e a discordia).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar