Itziar Aizpurua

Política vasca

Itziar Aizpurua Egaña, nada en Deva o 2 de abril de 1943, é unha política vasca de ideoloxía independentista vasca. Dirixente de Herri Batasuna (HB) entre 1978 e 1998, parlamentaria vasca de 1982 a 1986 e de 1994 a 1998, e deputada entre 1986 e 1993. Foi militante da organización armada Euskadi Ta Askatasuna (ETA) durante a ditadura do xeneral Franco e unha das axuizadas no Proceso de Burgos.[1]

Infotaula de personaItziar Aizpurua
Nome orixinal(es) Icíar Aizpurua Egaña
(eu) Itziar Aizpurua Egaña Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Itziar Aizpurua Egaña Editar o valor em Wikidata
2 de abril de 1943 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Deba, España Editar o valor em Wikidata
Deputada de España
20 de novembro de 1989 – 13 de abril de 1993

Circunscrición electoral: Gipuzkoa (constituency) (en) Traducir

Deputada de España
8 de xullo de 1986 – 2 de setembro de 1989

Circunscrición electoral: Gipuzkoa (constituency) (en) Traducir

Deputado do Parlamento do País Vasco
22 de marzo de 1984 – 9 de xullo de 1986

Circunscrición electoral: Guipúscoa
Deputado do Parlamento do País Vasco
22 de decembro de 1982 – 19 de xaneiro de 1984
← Iñaki Esnaola (pt) Traducir

Circunscrición electoral: Guipúscoa
Deputado do Parlamento Vasco na primeira lexislatura
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónavogada , política Editar o valor em Wikidata
Partido políticoHerri Batasuna Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua éuscara e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJokin Gorostidi

Estaba casada co tamén dirixente de HB, Jokin Gorostidi,[2] finado en 2006.

Traxectoria editar

Natural da localidade guipuscoana de Deva, onde naceu en 1943, realizou estudos de música e foi profesora de piano. Integrouse como militante de ETA a finais da década de 1960 durante a ditadura franquista. Xunto co seu noivo Jokin Gorostidi foi detida pola policía e ambos foron axuizados no Proceso de Burgos. El foi condenado a morte (logo conmutada por cadea perpetua) e ela foi condenada a 15 anos de cárcere polo delito de rebelión. Tras pasar oito anos no cárcere, foi liberada en 1977 pola Amnistía Xeral que se produciu tras a morte de Franco.

Militou en Herri Batasuna dende a fundación da coalición en 1978, ocupando cargos na dirección da organización (Mesa Nacional) durante 20 anos. Foi elixida membro do Parlamento Vasco entre 1982 e 1986. Foi Deputada do Congreso entre 1986 e 1993, durante dúas lexislaturas, aínda que non participou practicamente nas sesións do Congreso pola política de boicot da súa organización política. Estaba presente no lugar do atentado que custou a vida ao seu compañeiro de partido Josu Muguruza[3] o 20 de novembro de 1989. Entre 1994 e 1998 foi de novo elixida membro do Parlamento Vasco.

Na campaña das eleccións Xerais de 1996, Herri Batasuna difundiu un vídeo do grupo terrorista ETA nas cuñas publicitarias gratuítas que tiña durante a campaña. Por este feito, a Audiencia Nacional abriu unha causa polo delito de colaboración con banda armada contra todos os membros da Mesa Nacional de HB, entre eles a propia Itziar Aizpurua. O Tribunal Supremo xulgouna e condenouna por ese delito, pero tras permanecer 20 meses no cárcere, o 20 de xullo de 1999 o Tribunal Constitucional anulou a sentenza do Supremo e todos os membros da Mesa Nacional, entre eles Aizpurua, foron liberados. Tras a súa saída do cárcere, no ano 2000 non volveu a estar na primeira liña da política, agás en casos puntuais, como cando faleceu o seu marido Jokin Gorostidi en 2006. Tamén participou na lista electoral presentada pola esquerda abertzale baixo as siglas de D3M,[4] ilegalizada pola Audiencia Nacional en 2009, por Guipúscoa nas eleccións ao Parlamento Vasco de 2009.

Notas editar

  1. O proceso de Burgos foi un xuízo sumario, celebrado o 3 de decembro de 1970 na cidade de Burgos, contra dezaseis membros da organización terrorista ETA acusados de asasinar tres persoas. As penas de morte de seis dos acusados ​​non se executaron debido á presión internacional. A pena foi conmutada por cadea perpetua. Un dos condenados á morte foi Mario Onaindia, que máis tarde abandonaría ETA e se uniría a Euskadiko Ezquerra, partido que máis tarde se integraría dentro de PSE/PSOE.
  2. Jokin Gorostidi Artola (nado en Tolosa (Guipúscoa) o 4 de novembro de 1940, e finado en Donostia o 25 de abril de 2006, foi un político vasco de ideloxía independentista. Dirixente de Herri Batasuna (HB) entre 1978 e 1992, foi parlamentario vasco entre 1980 e 1994. Foi militante da banda terrorista ETA durante o franquismo e foi un dos xulgados no proceso de Burgos.
  3. Josu Muguruza Guarrotxena (nado en 1958 e finado en 1989) foi un xornalista e político vasco de ideoloxía nacionalista. Naceu no distrito de Rekalde de Bilbao en 1958 e morreu asasinado en Madrid o 20 de novembro de 1989. Xornalista e dirixente da esquerda abertzale, foi asasinado logo de saír elixido no Congreso dos Deputados o día anterior á sesión de investidura.
  4. Demokrazia Hiru Milioi (expresión vasca que significa democracia tres millóns), tamén chamada Demokrazia 3.000.000 ou D3M, foi unha plataforma electoral que intentou presentarse como grupo electoral nas eleccións ao parlamento vasco de 2009.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar