Itxaro Borda
Itxaro Borda, nada en Baiona o 29 de marzo de 1959, é unha escritora vasca en lingua éuscara.
(2024) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de marzo de 1959 (65 anos) Baiona, Francia |
Educación | Universidade de Pau e dos países do Adur |
Actividade | |
Ocupación | escritora, carteira |
Participou en | |
Tabakalera | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarItxaro Borda naceu en Baiona.[1] Publicou o seu primeiro poema en 1974 na revista Herria. En 1981, participou na creación da revista vascofrancesa Maiatz, a cal facilitou a publicación do seu primeiro poemario, Bizitza nola badoan, en 1984.[1] Ademais de poesía, escribiu novelas, artigos e ensaios. Traduciu ó éuscaro obras como Kaukausiche Kredekreis de Bertold Brecht. Tamén escribiu letras para cancións.[1]
Amaia Ezpeldoi
editarO personaxe máis coñecido da obra de Borda é Amaia Ezpeldoi, unha detective suletina atípica, rural, bisexual e con problemas de comunicación, que aparece por primeira vez na novela Bakean ützi arte, de 1994, e posteriormente en Bizi nizano munduan e Amorezko pena baño, ambas as dúas de 1996, formando unha primeira triloxía. Trata nestas tres obras temas suletinos, como a industria do gas ou a produción de esparto, así como a situación socioeconómica e cultural do País Vasco francés. En 2004 recuperou este personaxe en Jalgi hadi plazara, aínda que a contorna desta novela é Bilbao. En 2012 publicou unha quinta novela protagonizada po Ezpeldoi, Boga boga.[2]
Obra
editarPoesía
editar- Bizitza nola badoan (1984). Maiatz.[1]
- Krokodil bat daukat bihotzaren ordez (1986).[1] Susa.
- Just love (1988).[1] Maiatz.
- Bestaldean (1991).[1] Susa.
- Orain; Susa (1998).[1] Susa.
- Entre les loups cruels (2001).[1] Maiatz.
- Hautsak errautsak bezain (2002).[1] Maiatz.
- XX. mendeko poesia kaierak - Itxaro Borda (2000). Susa.
- Hautsak errautsa bezain (2002). Maiatz.
- Noiztenka (2007). Maiatz.
- Ogella Line (2009). La malle d'aurore, Aturbe.
- La porta oberta en el cel, i aixo
- Kalahari of love, Itxaro Borda — Maiatz 12 (1986-decembro)
- Abaro (2020). Balea Zuria.
Novelas
editar- Basilika (1985). Susa.[1]
- Udaran betaurreko beltzekin (1987). Ateka.[2]
- Bakean ützi arte (1994).[1] Susa.
- Bizi nizano munduan (1996).[1] Susa.
- Amorezko pena baño (1996).[1] Susa.
- %100 Basque (2002). Susa.[1]
- Zeruetako Erresuma (2005). Susa.[1]
- Jalgi hadi plazara (2007). Susa.[2]
- Ezer gabe hobe (2009). Susa.[2]
- Boga boga (2012).[2]
- Susmaezinak (2019). Txalaparta.
- Kripton 85 (2019). Maiatz.
Premios
editar- 2002: Premio Euskadi pola súa novela 100% Basque.[3]
- 2010: Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia.[4]
Notas
editar- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 "basqueliterature.com" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2017. Consultado o 1 de febreiro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Auñamendi Eusko Entziklopedia". Consultado o 1 de febreiro de 2017.
- ↑ "Premios de Literatura Euskadi". Consultado o 1 de febreiro de 2017.
- ↑ "O Pen Clube entregou os seus premios ás literaturas ibéricas". La Voz de Galicia. 2010-09-18. Consultado o 2020-12-27.