Ithkuil
O Ithkuil é unha lingua construída experimental desenvolvida por John Quijada[1] entre 1978 e 2011. Foi elaborada coa intención de expresar a cognición humana con máis clareza. A súa gramática é extremamente complexa e posúe unha énfase na categorización de elementos. Pode ser considerada unha lingua tanto lóxica como filosófica.
Ithkuil Iţkûil | ||
---|---|---|
Pronuncia: | /ɪθˈkʊ.il/ | |
Creado por: | John Quijada | 1978–2011 |
Total de falantes: | ningún | |
Categoria (propósito): | Lingua artificial Ithkuil | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Ningures | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | art
|
Ó formular unha frase en Ithkuil, unha persoa debe considerar factores como que a motivou a formular tal frase, cal é seu obxectivo ó dicila, como se chegou ás afirmacións, entre outras cousas.
Diferente do Esperanto, o Ithkuil non foi creado para ser unha lingua auxiliar, senón unha lingua de sectores máis profundos tales como a filosofía, as ciencias, as artes e a política.[2]
Ninguén, nin sequera o propio Quijada, é capaz de falar Ithkuil.
EtimoloxíaEditar
A palabra Îţkûil en Ithkuil pode ser traducida como "representación hipotética dunha lingua".
NotasEditar
- Referencias
- ↑ Joshua Foer, "John Quijada and Ithkuil, the Language He Invented", The New Yorker, Dec. 24, 2012.
- ↑ Ithkuil FAQs