It's Beginning to and Back Again

It's Beginning to and Back Again, tamén coñecido como IBTABA, é o sexto álbum de estudio da banda británica de post-punk Wire, publicado en maio de 1989 a través do selo Enigma Records. O seu título vén da letra do seu terceiro tema, "German Shepherds".

It's Beginning to and Back Again
Álbum de Wire
Publicadomaio de 1989
Estudio(s)Kitsch Studios, Bruxelas
Terminal 24 Studios, Londres
Duración59:43
Xénero(s)rock alternativo, electrónica, rock experimental
Selo(s)Enigma Records
Producido porJohn Fryer, Paul Kendall, Wire
Cronoloxía
A Bell Is a Cup
(1988)
It's Beginning to and Back Again Manscape
(1990)

A metade do álbum está formado por reinterpretacións de actuacións ao vivo de material do seu anterior traballo, A Bell Is a Cup... Until It Is Struck. As gravacións están "baseadas en actuacións en Chicago, Portugal e Londres". Os temas ao vivo foron deconstruídos no estudio e remesturados por Wire. O álbum contén o sinxelo "Eardrum Buzz", que foi o sinxelo máis exitoso de toda a historia da banda, chegando ao número 2 da lista Billboard Modern Rock Tracks e ao número 68 no Reino Unido.[1]

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Bruce Gilbert, Robert Gotobed, Graham Lewis e Colin Newman.

N.º Título Duración
1. "Finest Drops"   4:28
2. "Eardrum Buzz"   4:16
3. "German Shepherds"   4:39
4. "Public Place"   6:05
5. "It's a Boy"   3:59
6. "Illuminated"   6:51
7. "Boiling Boy"   8:17
8. "Over Theirs"   9:24

Notas editar

  1. "eardrum buzz | full Official Chart History | Official Charts Company". www.officialcharts.com (en inglés). Consultado o 2020-02-07.