Israel Puerto

futbolista español

Israel Puerto Pineda, habitualmente coñecido como Israel, nado o 15 de xuño de 1993 en El Viso del Alcor (Sevilla), é un futbolista profesional español que xoga de defensa central no Racing de Santander. É internacional en todas as categorías inferiores da selección española.

Israel Puerto
Información persoal
Nome Israel Puerto Pineda
Nacemento 15 de xuño de 1993 (31 anos)
Lugar de nacemento El Viso del Alcor
Altura 1,87 m
Posición Defensa
Información de club
Club actual Racing
Carreira xuvenil
2005–2010 Sevilla
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2010–2014 Sevilla B 93 (3)
2013–2014 Sevilla 5 (0)
2014–2015 Villarreal B 25 (3)
2015–2016 Lugo 31 (1)
2016–2017 Racing 1 (0)
Selección nacional
2009–2010 España sub-17 6 (0)
2011 España sub-18 2 (0)
2012 España sub-19 3 (0)
2012–2013 España sub-20 11 (1)
2014 España sub-21 1 (0)
Na rede
FIFA: 369176 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 1 de decembro de 2016editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en El Viso del Alcor, Provincia de Sevilla, España, sendo o maior de dous irmáns. Á idade de 12 anos entrou no sistema de categorías inferiores do Sevilla Fútbol Club, ao igual que o seu irmán. Catro anos máis tarde, en 2011, está a piques de abandonar o fútbol por mor dunha doenza cardiovascular, da cal finalmente conseguiu recuperarse por completo.[1]

As seguintes tempadas pasa a formar parte do filial do club sevillista, competindo na Segunda División B. O 10 de marzo de 2013 marca dous goles contra o Arroyo CP nunha vitoria na casa por 3-0 e, o 28 de abril, fai o seu debut oficial co primeiro equipo, saíndo como suplente no minuto 87 por José Antonio Reyes nun partido de Primeira División ante o Real Valladolid que acabaría con empate 1-1. O 2 de xullo de 2014 Israel ficha por outro filial, o Villarreal CF B, tamén en Segunda División B. Chega tamén a debutar co primeiro equipo o 4 de decembro do mesmo ano, esta vez nun encontro da Copa do Rei ante o Cádiz CF, que acabaría con vitoria para o seu equipo por 2-1. O 4 de marzo de 2015 asina co Club Deportivo Lugo da Segunda División até xuño de 2016. A súa contratación fóra do prazo de fichaxes foi permitida pola lesión de longa duración de Jon García.

A nivel internacional, Israel xoga en todas as categorías inferiores da selección española, xogando torneos como a Eurocopa de Liechtenstein 2010 e o Mundial de Turquía 2013.

Clubs editar

Club Categoría Ano PX Goles
Sevilla Atlético Segunda B 2010–2011 6 0
Sevilla Atlético Segunda B 2011–2012 22 0
Sevilla Atlético Segunda B 2012–2013 33 3
Sevilla FC Primeira 2012–2013 2 0
Sevilla Atlético Segunda B 2013–2014 32 0
Sevilla FC Primeira 2013–2014 3 0
Villarreal CF B Segunda B 2014–2015 25 3
CD Lugo Segunda 2015 13 1
CD Lugo Segunda 2015–2016 18 0

Títulos editar

Notas editar

  1. Diario de Sevilla, ed. (9 de xullo de 2011). "Israel Puerto, el rescate de una perla que pudo dejar el fútbol" [Israel Puerto, o rescate dunha xema que puido ter deixado o fútbol] (en castelán). Consultado o 4 de marzo de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar