Isra Hirsi

activista ambiental estadounidense

Isra Hirsi, nada o 22 de febreiro de 2003, é unha activista ambiental estadounidense. Ela cofundou e traballou como codirectora executiva da Folga Climática Xuvenil de EE. UU.[1] En 2020, foi nomeada na lista de política e goberno 40 Under 40 de Fortune.[2]

Isra Hirsi
High school student speaking out against gun violence (Isra Hirsi) (cropped).jpg
Nacemento22 de febreiro de 2003
 Minneapolis
NacionalidadeEstados Unidos de América
RelixiónIslam
Ocupaciónescolar, ecoloxista e activista climático
NaiIlhan Omar
editar datos en Wikidata ]
Hirsi protestando en contra da violencia armada en 2018.

TraxectoriaEditar

Hirsi creceu en Minneapolis, Minnesota, e é filla da congresista estadounidense Ilhan Omar[3][4][5] e Ahmed Abdisalan Hirsi. Á idade de 12 anos, foi unha das participantes que protestaban por xustiza para Jamar Clark no Mall of America. Hirsi é estudante da Minneapolis South High School.[6] Involucrouse no activismo climático despois de unirse ao club ambiental da súa escola secundaria no seu primeiro ano.[7]

Hirsi coordinou a organización de centos de folgas dirixidas por estudantes nos Estados Unidos o 15 de marzo e o 3 de maio de 2019.[4] En xaneiro de 2019, foi cofundadora da Folga xuvenil polo clima en EE.UU.[8][9][10][11] Actúa como a codirectora executiva deste grupo.[5][12] No 2019 gañou o premio Brower Youth.[13] Ese mesmo ano, Hirsi recibiu o premio Voice of the Future.[7] En 2020, Hirsi foi incluída na lista "Future 40" de BET.[14]

NotasEditar

  1. Hatzipanagos, Rachel. "The missing message in Gen Z's climate activism" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2020. 
  2. "40 under 40 Government and Politics: Isra Hirsi". 
  3. "Isra Hirsi". 4 de setembro de 2019. 
  4. 4,0 4,1 "Isra Hirsi" (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 Ettachfini, Leila (18 de setembro de 2019). "Isra Hirsi is 16, Unbothered, and Saving the Planet". 
  6. Walsh, Jim (13 de setembro de 2019). "'It helps a lot with climate grief': Student organizers gear up for next week's Minnesota Youth Climate Strike". MinnPost. Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  7. 7,0 7,1 Vogel, Emily (23 de outubro de 2019). "16-Year-Old Climate and Racial Justice Advocate Isra Hirsi to Be Honored as Voice of the Future (Video)" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  8. Ettachfini, Leila (18 de setembro de 2019). "Isra Hirsi Is 16, Unbothered, and Saving the Planet" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2020. 
  9. Emily Cassel (25 de setembro de 2019). "Isra Hirsi: The Climate Activist". City Pages. Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  10. Eric Holthaus (13 de marzo de 2019). "Ilhan Omar's 16-year-old daughter is co-leading the Youth Climate Strike". Grist. Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  11. "Teva Blog | Ember - Unscripted and Unstoppable: Youth Climate Activist Isra Hirsi". Teva.com. Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  12. "Isra Hirsi Wants You To Join The Climate Strike On September 20" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  13. "6 Exceptional Young, Female Activists Recognized for Environmental Leadership" (en inglés). 16 de setembro de 2019. Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  14. "BET DIGITAL CELEBRATES BLACK EXCELLENCE WITH NEW ORIGINAL EDITORIAL SERIES" (en inglés). 7 de febreiro de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2020.