Isolina Muíños Búa

mestra e escritora galega

Isolina Muíños Búa, nada en Pontevedra en xaneiro de 1886 e finada no mesmo concello o 29 de setembro de 1944, foi unha mestra e escritora galega.

Infotaula de personaIsolina Muíños Búa
Biografía
Nacementoxaneiro de 1886 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de setembro de 1944 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCándido Barros Martínez Editar o valor em Wikidata
IrmánsEduardo Muíños Búa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla de Antonio Muíños Malvar. Estudou maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Despois foi auxiliar da Sección de Letras na Escola de Pontevedra. Nese centro impartiu diversas materias, Metodoloxía da Historia, Cuestións económicas e sociais e Nocións de Xeografía. Publicou Atlas de Geografía General y regional para ejercicios prácticos en las Escuelas Normales (1914). Colaborou en El Progreso dende 1917. En 1920 tiña en preparación outros traballos: Concepto del profesorado por concurso y por oposición e Opinión sobre el tratamiento en el aula del adulto y del niño.

Obras editar

  • Atlas de Geografía general y regional para ejercicios prácticos en las Escuelas Normales, 1914.

Vida persoal editar

Casou con Cándido Barros Martínez e foi nai de Emilia, Josefa, Fernando, Olga, Jaime e Julio Barros Muíños (que emigrou a Venezuela). O seu irmán Eduardo Muíños Búa foi fusilado polos franquistas en 1936 .

Véxase tamén editar

Bibliografía editar