Abrir o menú principal

Isidro (futbolista)

Isidro Rodríguez Gómez, coñecido deportivamente como Isidro, nado en Pontevedra en 1890, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de gardameta.

Isidro (futbolista)
Información persoal
Nacemento 1890
  Pontevedra
Nacionalidade España
Posición gardameta
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Xogou no Real Vigo Sporting Club antes da fusión deste co Real Club Fortuna de Vigo que daría ao nacemento do Celta de Vigo.

Continuou a xogar no Celta, ata que nas vésperas do Campionato de Galicia 1924/25 solicitou a baixa do club e mudou o seu domicilio á Coruña, aínda que non puido fichar por outro equipo durante esa tempada xa que o Celta non o autorizou. No inicio da seguinte tempada (1925/26) tentou fichar polo Deportivo da Coruña, mais o Celta declarouno en “rebeldía” e a Federación Galega de Fútbol denegou a fichaxe[1][2]. Porén, a Real Federación Española de Fútbol acordou en decembro de 1925 que a ficha de Isidro fose traspasada ao Deportivo[3].

Xogou no Deportivo ata 1931, cando foi substituído por Rodrigo.

NotasEditar

  1. "El pleito del fútbol gallego". El Pueblo Gallego nº 548 (en castelán). 1 de novembro de 1925. p. 3. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 04 de outubro de 2015. 
  2. "El caso Isidro. Dicen los clubs Celta y Deportivo". El Ideal Gallego nº 2.408 (en castelán). 26 de setembro de 1925. p. 2. 
  3. "Se resuelve el pleito gallego". El Ideal Gallego nº 2.471 (en castelán). 9 de decembro de 1925. p. 8. 

Véxase taménEditar