Isaura Pazos Campos

política galega

Isaura Pazos Campos nada na Estrada cara a 1910 e finada en Pontevedra a finais de outubro de 1998,[1] foi unha política galega.

Infotaula de personaIsaura Pazos Campos
Biografía
Nacemento1910 Editar o valor em Wikidata
A Estrada, España Editar o valor em Wikidata
Morteoutubro de 1998 Editar o valor em Wikidata (87/88 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHiginio Carracedo Ruzo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Casada con Higinio Carracedo Ruzo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochou ao seu home. Cando unha partida de fascistas veu buscalo obrigándoo a saír do forno que o ocultaba, Isaura ía recargadolle unha escopeta coa que lles disparou e conseguiu fuxir da casa tras ferir a dous dos falanxistas, aínda que foi alcanzado moi preto, xunto a un regato, e alí mesmo o mataron o 28 de novembro de 1938. Detida, foi xulgada en Pontevedra por auxilio á rebelión e condenada a 12 anos de prisión. Tamén foron detidas a súa nai, as súas avoas, Josefa Campos e Manuela Ruzo, as fillas desta, Celia e Berta Carracedo e as veciñas coas que tiñan máis trato acusadas de terlle prestado auxilio a Isaura no tempo do agocho do home. Cando saíu do cárcere instalouse en Poio e despois marchou vivir a Pontevedra dedicándose ao estraperlo. O 7 de xuño de 1948 foi detida con Rosario Goris, Matilde Casalderrey e a irmá desta, Carme, cando con motivo da feira na Estrada, a Garda Civil montou un control no quilómetro 115 do camiño a Santiago. As mulleres enfrontáronse aos gardas e montaron unha liorta. Estivo presa sete meses.

Vida persoal editar

Casou con Higinio Carracedo Ruzo, e foi nai de Hixinio e Margarita Carracedo Pazos.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, Pontevedra, 1-11-1998, p. 45

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar