Isabelle Rapin

investigadora en autismo

Isabelle Juliette Martha Rapin, nada en Lausana o 4 de decembro de 1927-Rhinebeck e finada o 24 de maio de 2017, foi unha profesora de Neuroloxía e Pediatría na Escola de Medicina Albert Einstein, na cidade de Nova York.[1][2][3][4] Durante décadas foi unha dos principais referentes no ámbito do autismo e socia da Academia Americana de Neuroloxía.[5]

Infotaula de personaIsabelle Rapin
Biografía
Nacemento4 de decembro de 1927 Editar o valor em Wikidata
Lausana, Suíza Editar o valor em Wikidata
Morte24 de maio de 2017 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Rhinebeck, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónneuróloga Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Rapin naceu en Lausana, Suíza. A súa nai era de Connecticut e o seu pai era suízo.[6] Desde nena foi unha ávida lectora e unha nena scout; asistiu a colexios de nenas entre os 9 e os 19 anos. Rodeada por unha familia científica, decidiu converterse en médico antes de cumprir os 10 anos.

Comezou os seus estudos na facultade de medicina da Universidade de Lausana en 1946,[7]nunha clase de 100 estudantes dos cales só unha ducia eran mulleres. Decidiu converterse en neuróloga pediátrica en 1951 despois de pasar 12 semanas no Hospital da Pitié-Salpêtrière e no Hôpital deas Enfants Malades en París. Cando se graduou na facultade de medicina en Lausana en 1952 había pouco traballo remunerados en Suíza, polo que postulou á Universidade de Harvard, Universidade de Yale, Universidade Johns Hopkins e o Hospital Bellevue nos Estados Unidos. Emigrou aos Estados Unidos en 1953 despois de que lle ofrecesen un posto de pediatría no Hospital Bellevue.[8] En 1955 recibiu o seu título de doutora cando a súa tese foi publicada nos Arquivos suízos de Neuroloxía e Psiquiatría.

Coñeceu ao seu marido Harold Oaklander en 1958 e contraeu matrimonio en 1959.[9] O seu marido acabou o seu doutoramento na Universidade de Columbia, pero sabendo que ela non deixaría a Escola de Medicina de Albert Einstein, aceptou un traballo menos prestixioso para permanecer preto dela.

Carreira editar

Rapin ingresou na especialidade de pediatría no Hospital Bellevue en Nova York e completou a súa residencia en neuroloxía no Instituto de Neuroloxía do Hospital Presbiteriano de Columbia, onde tamén tivo unha bolsa de investigación durante un ano. Ingresou na Universidade de Albert Einstein en 1958 e xubilouse en 2012 aos 84 anos de idade.

Rapin afirmou que o seu interese nos trastornos da linguaxe e o autismo aumentou coa incorporación de Dr. Doris A. Allen ao Hospital Einstein, xa que acumulaba experiencia no campo da Psicolingüística, a Psicoloxía e os trastornos da linguaxe. Despois de avaliar a centenares de nenos autistas, detectou que un terzo das consultas de proxenitores con nenos autistas que presentan regresións conductuais e lingüísticas merecen unha investigación biolóxica."

Rapin axudou a fundar a Sociedade de Neuroloxía Infantil e a Asociación Internacional de Neuroloxía Infantil. No Hospital Einstein fundou o Programa de Servizo e Investigación de Neuroloxía Infantil.

Participou nos consellos da Sociedade de Neuroloxía Infantil, a Academia Americana de Neuroloxía e a Sociedade Internacional de Neuropsicoloxía.

Premios e recoñecementos editar

The Boston Globe dixo en1992 que Rapin era "unha especialista en enfermidades neurolóxicas infantís, que descubriu enfermidades e ademais foi unha autoridade no ámbito do autismo. The New York Times dixo: "considerada por moitos como a dama do autismo, a Dra. Rapin investiu décadas na investigación desta discapacidade."

A Escola de Medicina Albert Einstein afirmou que Rapin era "unha líder no campo da neuroloxía infantil...autora de diferentes descubrimentos no campo dos trastornos neuroxenéticos infantís, incluíndo o entendemento do autismo. Ademais de ser coñecida como 'a nai do autismo', tamén foi denominada como unha 'celebridade no seu campo de investigación' e sempre a 'luz que guía'." Para honrar a Rapin, Einstein estableceu en 2012 unha conferencia anual sobre desordes comunicacionais. Segundo o seu colega o Dr. Mark Mehler, "ela é unha experta mundial no campo das desordes comunicacionais pediátricos, e durante a súa carreira tamén definiu e refinou o noso entendemento do campo enteiro." En 2006 Einstein celebrou un simposio internacional en honra a Rapin.[10]

Os premios e recoñecementos a Rapin inclúen:

  • Premio do Presidente da Academia Americana de Neuroloxía.[11]
  • Alumna Honoraria da Escola de Medicina da Universidade Albert Einstein.
  • Premio á Excelencia da Sociedade Americana de Autismo en investigación sobre o autismo.
  • Premio Centro Shriver.[12]

Notas editar

  1. Sandomir, Richard (9/6/2017). "Isabelle Rapin, Who Advanced Concept of an Autism Spectrum, Dies at 89". New York Times. Consultado o 11/6/2017. 
  2. "Death Notices". New York Times. 25/5/2017. Consultado o 26/5/2017. 
  3. "Isabelle Rapin, M.D.". Albert Einstein College of Medicine. Arquivado dende o orixinal o 07/11/2018. Consultado o 29/12/2013. 
  4. "Dr. Isabelle Rapin: a living legend". Albert Einstein College of Medicine. 26/12/2012. Arquivado dende o orixinal o 09/08/2020. Consultado o 29/12/2013. 
  5. Kenny A (8/12/2002). "When autism strikes". New York Times. p. WC1. 
  6. Rapin I (maio de 2001). "Isabelle Rapin: an autobiography" 16 (5): 352–6. PMID 11392520. doi:10.2310/7010.2001.17156. 
  7. "Isabelle Rapin, la neuropediatra que libró a las madres de la culpa del autismo". Mujeres con ciencia (en castelán). 2018-01-25. Consultado o 2020-11-15. 
  8. Sandomir, Richard (9/6/2017). "Isabelle Rapin, Who Advanced Concept of an Autism Spectrum, Dies at 89". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 13/6/2017. 
  9. "Dr. Isabelle Rapin Bride of a Teacher". New York Times. 6/4/1959. p. 31. Consultado o 26/5/2017. 
  10. "Putting perspective on autism: a symposium in honor of Dr. Isabelle Rapin and her numerous contributions to the field". Medical News Today. 13/12/2006. Consultado o 29/12/2013. 
  11. "AAN announces 2010 award winners in neurologic research". American Academy of Neurology. 2010. Consultado o 29/12/2013. 
  12. "Two are honored for aid to retarded". Boston Globe. 9/6/1992. p. 95.