Isabel de Villena

escritora española

Elionor Manuel de Villena, coñecida como Isabel de Villena ou Sor Isabel Manuel de Villena, nada en Valencia cara a 1430 e finada na mesma cidade o 2 de xullo de 1490, foi unha poeta e prosista do reino de Aragón, considerada a primeira escritora coñecida en valenciano. A súa obra Vita Christi, a única que se conservou, está enmarcada no protofeminismo español do século XV. Durante a súa vida relixiosa Isabel rodeouse dun nutrido grupo de escritores que a respectaron especialmente pola súa altura intelectual, considerando a súa obra como indispensable no Século de Ouro valenciano.

Infotaula de personaIsabel de Villena

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Elionor Manuel de Villena Editar o valor em Wikidata
c. 1430 Editar o valor em Wikidata
Valencia, presumiblemente Editar o valor em Wikidata
Morte18 de decembro de 1490 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Valencia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCoroa de Aragón Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , relixiosa católica Editar o valor em Wikidata
LinguaCastelán medieval, catalão medieval (pt) Traducir e latín medieval Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrdem de Santa Clara (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiEnrique de Villena Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 10864141 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu probablemente en Valencia en 1430. Filla de Enrique de Villena foi froito dos amoríos do marqués Enrique de Villena (1384-1434) cunha muller da que non se coñece o seu nome. O seu pai era un poeta pertencente á alta nobreza e estaba emparentado coas casas reais de Castela e Aragón.[1] A raíña María, que non tivo descendencia, fíxose cargo dela dende que tiña 4 anos e instruíuna coma se se tratáse dunha princesa, a pesar da súa condición de bastarda. Viviu dende pequena na corte de María de Castela, educándose nos ambientes aventureiros e abertos que rodearon a Afonso V, coñecido como o Magnánimo.

De Leonor a Isabel editar

Aos 15 anos, en 1445, ingresou por vontade propia no convento da Santísima Trindade das Clarisas de Valencia, fundado por dona María. Alí cambiou o seu nome polo de Isabel. Recluída como monxa clarisa, continuou a súa estreita relación coa raíña María, quen, na construción do cenobio previra un espazo privado dentro do convento para pasar as súas horas de retiro como unha relixiosa máis.[1] Foi nomeada abadesa en 1463, unha responsabilidade que tivo até a súa morte, acaecida por mor da epidemia de peste que arrasou Valencia en 1490.

Isabel de Villena seguiu unha vida de contemplación e espiritualidade (que a levou a escribir, segundo transcendeu nas crónicas da época, diversos tratados sobre a vida relixiosa). De todos eles, só se conservou unha única obra que lle valeu un recoñecemento universal, a Vita Christi (Vida de Cristo), grazas á intervención póstuma da súa sucesora, sor Aldonça de Montsoriu, que publicou a primeira edición en Valencia en 1497. Pouco se sabe doutras obras, pero parece que escribiu diversos tratados e unha obra mística, o Speculum Animae (Espello da alma), do que a última noticia data de 1761, pero que hoxe permanece perdida.

En todo caso, a dedicación ás letras da autora non é moi frecuente na súa época, e sen dúbida débese enmarcar no esplendor cultural da Valencia do século XV. Crese tamén que Isabel tivo ocasión de compartir as súas ideas literarias con Jaume Roig, que entón exercía de médico do mesmo convento, e algúns estudosos quixeron ver na Vita Christi unha resposta á misoxinia do autor de Espill ou Llibre de les dones (O espello ou Libro das mulleres).

Outros escritores e tradutores contemporáneos noméana ou lle dedican as súas obras, como Miquel Pérez, que lle dedica a tradución da Imitació de Jesucrist (que segundo ela vive no noso tempo aínda, visitando os conventos), o que dá idea do seu prestixio entre os autores que a rodearon.

Sobre a obra editar

Artigo principal: Vita Christi

Vita Christi é unha narración sobre a vida de Xesucristo escrita co propósito de ilustrar ás monxas do seu convento. A súa orixinalidade estriba no feito de que a autora é capaz de enchela coa súa prodixiosa imaxinación e o seu punto de vista feminino. Así, a que tiña que ser a vida de Cristo é narrada en referencia á vida da Virxe María: o libro empeza co nacemento da Virxe e acaba coa súa asunción ao ceo. Moi probablemente, coñecería a Vita Christi de Ludolfo de Sajónia, que tivo un amplo éxito e difusión, pero marcou a súa obra con trazos orixinais, entre outros elementos inspirándose nos evanxeos apócrifos e nos evanxeos gnósticos, que se escribiron nos dous primeiros séculos do cristianismo para prohibirse pouco despois.

A obra céntrase nas mulleres que rodearon a vida de Cristo: Santa Ana, a Virxe María e María Madalena preséntanse como mulleres, avoas, nais. Viven a vida de Cristo como mulleres normais, con sentimentos humanos.[1]

Vita Christi, escrita en primeira instancia co obxectivo de fomentar a devoción relixiosa, é aproveitada para realizar unha defensa das mulleres, tan amplamente argumentada como dificilmente refutable. A súa análise permite demostrar que esta autora rebatía directamente os tópicos da literatura misóxina, moi abundante durante décadas na coroa de Aragón.[2]

A Vita Christi nace como un libro de doutrina e convértese nunha das pezas importantes da literatura en valenciano e universal do século XV, dentro do que se chama como o Século de Ouro valenciano.

Os críticos e estudosos vírona como un referente extraordinario, e tamén como un caso peculiar, aténdose ás escasas publicacións que se conservan escritas por mulleres. Libro biográfico e de contemplación, que non exclúe os soños como unha maneira de explicar a espiritualidade, fálanos das mulleres en relación directa con Cristo, un punto de vista que non debía gustar moito á igrexa de entón [Cómpre referencia].

A intención doutrinal da Vita Christi, libro que non foi asinado pola autora, non quita que sexa un gran traballo literario que non se fundamentou só nas fontes consideradas lexítimas. Lonxe diso, Isabel de Villena escribe prestando atención a outras fontes chamadas “extra-canónicas”: libros apócrifos ou traducións procedentes dos evanxeos gnósticos.

Neste último poderiamos entender que tamén estivo influenciada polo seu pai, xa que como gran mestre dunha orde, a cal dá como válidos certos textos non recoñecidos pola igrexa [Cómpre referencia], así como o ensalzamento da muller.

Isabel de Villena foi fonte de inspiración doutros autores, como Jaime Pérez de Valencia, que lle dedicou a súa Expositio super cantica evangelica, Bernat Fenollar ou de Miguel Pérez., tradutor da Imitatio Christi de Jean Gerson[3]

Homenaxes póstumas editar

Na súa honra na poboación de Esplugues de Llobregat, Barcelona, hai unha escola co seu nome, fundada durante o franquismo. En 2007, o Ministerio de Fomento bautizou ao Sasemar 101, un dos seus avións de patrulla marítima co seu nome, operado pola Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima. En València, a súa cidade natal, un instituto de educación secundaria, na Malvarrosa, leva o seu nome, IES Isabel de Villena, unha biblioteca municipal da cidade de València, no barrio de Torrefiel, leva por nome Isabel de Villena e unha das principais rúas do barrio do Cabanyal, paralela á praia da Malvarrosa, chámase Isabel de Villena. Igualmente, en 2003, o concello do municipio valenciano de Quart de Poblet instituíu os premios anuais Isabel de Villena pola igualdade.

Edicións editar

  • Vita Christi, Ed. Aldonça de Montsoriu (Primeira edición), Valencia, 1497.
  • Vita Christi, Barcelona, 1527.
  • Vita Christi, Valencia, Institución Alfonso el Magnánimo, 1986.
  • Vita Christi, [Última edición - a cargo d'Albert Hauf], Barcelona, Edicions 62, 1995

Versión editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Escritora cercana, Isabel de Villena (1430-1490)". Consultado o 24 de decembro de 2016. 
  2. Zavala, M, Iris (1993). "Breve historia feminista de la literatura española (en lengua catalana, gallega y vasca)". Barcelona: Anthropos: 51–62. ISBN 8476585772. 
  3. Caballé, Anna. Por mi alma os digo. De la Edad Media a la Ilustración. Círculo de lectores. pp. 63–64. ISBN 84-226-9863-3. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar