Isabel de Gloucester
Isabel de Gloucester, nada cara o 1173 e finada o 14 de outubro de 1217, foi unha nobre inglesa que casou co príncipe Xoán de Inglaterra antes do seu ascenso ao trono.
Isabel de Gloucester | |
---|---|
Condesa de Gloucester | |
Outros títulos | Raíña de Inglaterra (desde abril ata finais de agosto de 1199)[1] |
Nacemento | c. 1173 |
Falecemento | 14 de outubro de 1217 (43 anos) |
Sepultura | Catedral de Canterbury, Canterbury, ![]() |
Cónxuxe/s | Xoán I de Inglaterra Geoffrey FitzGeoffrey de Mandeville Hubert de Burgh |
Proxenitores | William Fitz Robert Hawise de Beaumont |
Na rede | |
![]() | |
LiñaxeEditar
Isabel era filla de William Fitz Robert, e a súa esposa Hawise. O seu avó paterno, Robert, 1º Conde de Gloucester, era o fillo ilexítimo do rei Henrique I. O seu pai morreu en 1183, momento en que ela se tornou Condesa de Gloucester suo jure.
Matrimonio e anulaciónEditar
O 28 de setembro de 1176, o rei Henrique II noiva a Isabel co seu fillo máis novo, Xoán sen Terra.[2][1] Xoán e Isabel eran medio curmáns segundos por ser bisnetos de Henrique I, e por tanto a súa unión estaba prohibida por mor dos graos de consanguinidade. No acordo da voda, o rei accedeu a atopar o mellor home posible para Isabel se o papa se negaba a conceder unha dispensa para o matrimonio. Henrique tamén declarou a Isabel a único herdeira de Gloucester, desherdando as súas dúas irmás.
O 29 de agosto de 1189, Xoán e Isabel casaron no castelo de Marlborough, en Wiltshire, e Xoán asumiu o título de Xoán de Gloucester de pleno dereito.[3] Balduíno o arcebispo de Canterbury, declarou o matrimonio nulo por razón de consanguinidade e puxo as súas terras baixo interdito. O interdito quedou levantado polo papa Clemente III, quen concedeu á parella unha dispensa para casar, pero prohibiulles manter relacións sexuais.
Pouco despois de que Xoán subira ao trono en 1199, e antes de finais de agosto, obtivo unha anulación do matrimonio. A anulación foi concedida en razón do consanguinidade, polos bispos de Lisieux, Bayeux, e Avranches, sentado en Normandía.[4] Xoán, con todo mantivo as súas terras, e Isabel non contestou á anulación.
Condado de GloucesterEditar
Trala anulación, Xoán concedeu o título de conde de Gloucester ao sobriño de Isabel, Amaury. Isto compensou a Amaury pola perda dos seus títulos franceses, que perdeu polo Tratado de Le Goulet. Trala súa morte sen descendentes en 1213, Isabel, recuperou o título de Condesa de Gloucester.[1]
Outros matrimoniosEditar
Isabel casou con Geoffrey FitzGeoffrey de Mandeville, o 20 de xaneiro de 1214. El morreu en 1216.[1] Un ano despois Isabel casou Hubert de Burgh, máis tarde nomeado justiciar de Inglaterra, en setembro de 1217.[1]
Morte e enterroEditar
Isabel morreu só un mes despois de que o seu terceiro matrimonio, probablemente na abadía de Keynsham en Somerset, que foi fundada polo seu pai, e foi soterrada na Catedral de Canterbury.[1]
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Robert B. Patterson, 'Isabella, suo xure condesa de Gloucester (c.1160-1217)', Oxford Dicionario da Biografía Nacional, Oxford University Press, Setembro 2004; en liña edn, Outubro 2005 acceder 24 de Novembro de 2006
- ↑ Weir 1999, p. 218.
- ↑ Weir 1999, p. 252.
- ↑ Weir 1999, p. 319.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Weir, Alison (1999). Eleanor of Aquitaine: A life. ISBN 0-345-43487-0.