Isabel Sola Gurpegui
Isabel Sola Gurpegui, nada en San Adrián (Navarra) en 1967, é unha científica española experta en coronavirus.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de maio de 1967 (57 anos) Pamplona, España |
Educación | Universidade de Navarra Universidade Autónoma de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | bióloga |
Empregador | Consello Superior de Investigacións Científicas Spanish National Center for Biotechnology (en) |
Traxectoria
editarGraduouse en Bioloxía pola Universidade de Navarra, onde obtivo o Premio Extraordinario de Licenciatura.[3] Posteriormente fixo un máster en Enxeñaría Biomédica.[4] Realizou a súa tese doutoral sobre o coronavirus, na Universidade Autónoma de Madrid. A súa tese obtivo o Premio de Laboratorios Hipra á mellor tese doutoral en Sanidade Animal.[5]
Traxectoria profesional
editarÉ coinventora de tres patentes sobre o desenvolvemento de vectores infectivos derivados de coronavirus e as súas aplicacións, unha das cales foi premiada no I Concurso de Patentes Madrid+D. Desde 1998 é investigadora do Centro Nacional de Biotecnoloxía (CSIC-UAMC).[6][7][8] Tamén é profesora dos cursos de doutoramento no programa de Bioloxía Molecular da Universidade Autónoma de Madrid.[9]
É unha das persoas que máis sabe de coronavirus en España.[10] É codirectora do grupo do coronavirus do Centro Nacional de Biotec, adscrito ao CSIC, único laboratorio de España que investiga cos coronavirus.[11][12] O seu traballo céntrase en identificar, analizar e descubrir virus e investigar como facerlles fronte. A fin de saber que facer e como reaccionar cando aparece un virus mortal, ou potencialmente perigoso.
Notas
editar- ↑ ""Debemos confiar en que hay sistemas de salud pública muy sólidos"". Consultado o 2020-03-04.
- ↑ Fanjul, Sergio C. (2020-04-04). "Isabel Sola Gurpegui, exploradora a la caza de la vacuna ante el coronavirus". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2020-04-09.
- ↑ SEBBM DIVULGACIÓN. "La Ciencia al alcance de la mano" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2018. Consultado o 09 de abril de 2020.
- ↑ "Isabel Sola Gurpegui: "Como mínimo se requieren 18-24 meses para lograr una vacuna segura y eficaz contra este coronavirus"". Consultado o 2020-03-04.
- ↑ "Una investigadora del CSIC explicará en Valladolid los sistemas para localizar nuevos virus". Consultado o 2020-03-06.
- ↑ "MARIA ISABEL SOLA GURPEGUI | Consejo Superior de Investigaciones Científicas - CSIC - csic.es". Consultado o 2020-03-06.
- ↑ "El Museo de la Ciencia de Valladolid acoge hoy la conferencia 'Virus emergentes'. Consultado 2020-03-04".
- ↑ "Una investigadora del CSIC explicará en Valladolid los sistemas para localizar nuevos virus- Consultado 2020-03-04.".
- ↑ "Conferencia "Virus emergente". Consultado 2020-03-04.".
- ↑ "Espero que la epidemia del coronavirus se resuelva en cuestión de meses" (en castelán). 2020-02-11. Consultado o 2020-03-06.
- ↑ ""La ciencia es conocimiento y un país sin ella, es un país empobrecido". Consultado el 2020-03-04.".
- ↑ "Entrevista a la bióloga Isabel Sola Gurpegui sobre el coronavirus | SeleccionDN+" (en castelán). 2020-02-03. Consultado o 2020-03-06.