Isabel Salazar Bello

médica e política galega

María Isabel Salazar Bello, nada na Cidade de México o 2 de novembro de 1949, é unha cirurxiá e política galega.

Isabel Salazar Bello
Isabel Salazar - decembro de 2008.JPG
Nacemento2 de novembro de 1949
 Cidade de México
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica e cirurxián
FillosAlejandro Tobar
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

FormaciónEditar

Licenciouse en Medicina, especializándose en Cirurxía Xeral. É diplomada en Sanidade e facultativa de cupo de Cirurxía xeral da área central do Servizo Galego de Saúde en Lugo, onde reside.

PolíticaEditar

En política, militou sempre no PSdeG. Foi deputada por Lugo deste partido na quinta lexislatura do Parlamento autonómico galego, entre 1997 e 2001.

Entre 2004 e 2008 foi deputada no Congreso, na oitava lexislatura das Cortes Xerais. Acompañaba na lista a José Blanco López e foi a primeira vez en que o PSOE conseguía dous deputados pola provincia de Lugo. No Parlamento, foi voceira adxunta da comisión mixta de relacións co Defensor del Pueblo. Participou nos relatorios sobre os proxectos de Lei de Desenvolvemento Sostible do Medio Rural e de Lei do Consello Xeral de Colexios de Ópticos e Optometristas.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar