Isabel Sánchez Montenegro
mestra e política galega
Isabel Sánchez Montenegro, nada en Monterroso en 1961 e finada en Monforte de Lemos o 4 de xuño de 2020,[1] foi unha mestra e política galega do BNG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1961 Monterroso, España |
Morte | 4 de xuño de 2020 (58/59 anos) Monforte de Lemos, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | política , mestra |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Mestra de Educación Primaria, era especialista en Ciencias Sociais e Educación Infantil. Traballou en Monforte de Lemos. Dende 2007 formou parte do goberno municipal de Monforte de Lemos como Concelleira de Medio Ambiente, Educación e Xuventude. Foi elixida deputada do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2009.