Isabel Pérez Dobarro

pianista galega

Isabel Pérez Dobarro, nada en Santiago de Compostela en 1992, é unha pianista galega.

Isabel Pérez Dobarro
Nome completoIsabel Pérez Dobarro
Nacemento1992
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidad Nacional de Educación a Distancia e Real Conservatorio Superior de Música de Madrid
Ocupaciónpianista
Na rede
http://isabelperezdobarro.com/
Facebook: isabel.dobarro Twitter: isaperezdobarro Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comezou a tocar o piano con tres anos e ós catro deu o seu primeiro concerto.[1] Afeccionada ó xadrez, foi campioa de Galicia en catro ocasións e quinta nacional nunha ocasión, ata que o deixou á idade de 15 anos.[2] Estudou no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid onde, en 2010, obtivo o Título Superior de Piano. En 2012, realizou un máster de Música na Universidade de Nova York. No ano 2012, comezou a impartir clases na universidade coma instrutora adxunta na Steinhardt School of Culture, Education, and Human Development, da Universidade de Nova York, da que actualmente é doutora. En 2017 gradououse en Dereito pola UNED e en 2018 obtivo un certificado en Relacións Internacionais pola Universidade Harvard, onde tamén recibiu un Certificado en Negocios na Harvard Business School HBX.[3] Tamén posúe un Professional Studies Certificate na Manhattan School of Music. Ademais diso, realizou un curso de liderado na Universidade de Cambridge e un dobre máster en acceso á avogacía e asesoramento xurídico bilingüe na IE Law School.

Desenvolveu a súa carreira concertística nos Estados Unidos, España, Rusia, Bélxica, Arxentina, Italia e Portugal. Deu recitais en distintas salas dos Estados Unidos como Carnegie Hall, Steinway Hall, Yamaha Center, Liederkranz Foundation, Frederick Loewe Theater e Columbia University Faculty House e de fóra dos Estados Unidos, como Rachmaninoff Hall (Tchaikovsky Conservatory, Moscova), Ateneo de Madrid ou a Sala Arturo Benedetti Michelangeli (Bolzano, Italia).[4]

Ademais da súa actividade como pianista, dende 2016 forma parte da United Nations Sustainable Development Solutions Network Youth, onde exerce de representante da iniciativa Arts Twenty Thirty e UN Focal Point, a través da cal promociona os obxectivos de desenvolvemento sustentable.[5]

Xunto coa mezzosoprano Anna Tonna, Isabel Dobarro gañou o premio New York Women Composers Seed Grant polo Women in Music Project, unha iniciativa que promove a música composta por mulleres tanto nos Estados Unidos como no resto do mundo. A Filharmónica de Nova York colaborou neste proxecto a través do seu Very Young Composers Program. Con motivo deste proxecto, publicou o CD "The Unknown Pauline Viardot: Chamber Songs and Duets"[6] que foi eloxiado pola crítica internacional, nomeado Critic's Choice pola revista da Metropolitan Opera de Nova York, eloxiado pola Fanfare Magazine ou Operawire, ademais de recibir o premio Melomano de Ouro en España en 2021.[7]

Actuou coa OSSB de Barcelona, Real Filharmónica de Galicia, Filharmónica de Braga, OST, Málaga Camerata, Bética de Sevilla e Filharmónica de Pontevedra, dirixida polos profesores Michael Thomas, Claudia Dubé, Diego Masson, Filipe Cunha, Santiago Otero e Beatriz Gutiérrez. Colabora en dúo co Premio Nacional de Música e Concertino da Orquestra de RTVE Miguel Borrego. Isabel impartiu clases maxistrais no Festival Internacional de Ópera de Morelia, no IV Festival de Perfeccionamento Pianístico de Veracruz, no Conservatorio Superior de Música da Coruña, no Conservatorio de Pontevedra e no New York University Undergraduate College.

Polo seu traballo na recuperación de obras de compositoras, Isabel foi galardoada co Premio Executivas de Galicia e distinguida pola Xunta de Galicia no Día da Muller de 2021.[8] A promoción da música galega ocupa un lugar imprescindible no seu repertorio, estreando en Nova York obras de Eduardo Soutullo, Juan Durán, Margarita Viso e Julia Dopico e sendo a dedicataria de “Galician Fancy” de Octavio Vázquez e mais "Alalá das Paisaxes Verticais" de Carme Rodríguez, obra que estreou na Coruña.[9]

PremiosEditar

  • VIII "Premio Mujeres a Seguir", no apartado de Cultura (2021).[10]
  • Terceiro premio no Grand Prize Virtuoso International Competition (2017).
  • Premio en New York Women Composers Seed Grant, xunto a Anna Tonna (2016).
  • Segundo premio en American Protégé International Piano Competition (2015).
  • Jorge Bolet Distinguished Performer Award no Stony Brook International Piano Festival (2009).
  • Primeiro premio no Cidade do Fundao International Piano Competition (2006).
  • Ciutat de Berga International Piano Competition (2002).

NotasEditar

  1. "La superdotada que sí va a triunfar". 
  2. "ISABEL PÉREZ DOBARRO, pianista: 'DESDE PEQUEÑA HE SENTIDO PREDILECCIÓN POR BACH'". 
  3. García, Montse (3 de agosto de 2017). "«Combinaré la ONU y el piano, el artista tiene que involucrarse en la sociedad»". La Voz de Galicia. Consultado o 25 de marzo de 2018. 
  4. "La pianista Isabel Pérez estrenará en Nueva York una obra de Eduardo Soutullo". 
  5. "Una compostelana defiende en la ONU las políticas sostenibles". elcorreogallego. 26 de marzo de 2017. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  6. "The Unknown Pauline Viardot". melomanodigital.com. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  7. "Isabel Pérez Dobarro". Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  8. "Executivas de Galicia concede o VI Premio Executivas á pianista internacional Isabel Dobarro". executivasdegalicia.org. 18 de xaneiro de 2022. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  9. "Obras de Carme Rodríguez". Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  10. "Ganadoras de los VIII Premios Mujeres a Seguir". MAS: Mujeres a seguir. 26 de outubro de 2021. Consultado o 31 de outubro de 2021. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar