Isabel Ovín Camps

científica española

Isabel Ovín Camps, nada en Carmona o 18 de abril de 1887 e finada en 1972, foi a primeira muller en licenciarse en química en España en 1917. [1]

Isabel Ovín Camps
Nacemento18 de abril de 1887
Lugar de nacementoCarmona
Falecemento1972
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónquímica
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Os seus pais Purificación e Vicente foron mestres. O seu pai morreu cando ela era moi nova. A súa nai converteuse en dama de compañía da Marquesa de las Torres e, posteriormente, das fillas de Gregorio Marañón . Ovín atopou nestes espazos o ambiente axeitado para as súas inquietudes intelectuais. Despois duns anos, volveu a Carmona coa súa nai e esta fundou unha escola. Ovín estudou na Escola Normal Superior de Mestres de Sevilla, onde obtivo matrícula de honor en todas as materias, e continuou en Maxisterio Nacional en 1919, estudos que rematou con matrícula de honra.[2]

Matriculase en Ciencias Químicas na Universidade de Sevilla en 1913, xunto con outras dúas mulleres, nun ano no que se matricularon 152 homes.[3] Ao ano seguinte foi a única muller que continuaría nesa titulación. Despois de rematar os seus estudos en 1917, tiña a intención de viaxar a Madrid para obter a Cátedra, feito que se viu truncado tras a morte da súa nai. Seguiu traballando en Carmona, primeiro como mestra particular e despois no Centro do Arquillo de San Felipe. Na súa carreira como mestra, foi directora do Instituto Murillo de Sevilla entre 1941 e 1945. [4] [5]

Ovín foi a primeira muller concelleira do Concello de Carmona entre 1927 e 1929 e formou parte da Comisión Municipal de Instrución Pública. [4][6] Escribiu artigos de prensa sobre educación, publicados en La Voz de Carmona (1926-1929).[7] Segundo os seus alumnos, era unha mestra de intelixencia privilexiada. Entre os seus alumnos destaca o bioquímico e farmacéutico Manuel Losada Villasante, gañador do Premio Príncipe de Asturias de Investigación e Técnica. [5] Dolores Roldán, alumna súa, lembrou que lle preocupaba moito a educación das nenas. [4]

NotasEditar