Isabel Orbe

Isabel Orbe Garay, nada en Vitoria en 1945 e finada ibídem en 1995, foi unha psiquiatra vasca.

Isabel Orbe
Nacemento1945
 Vitoria
Falecemento1995
 Vitoria
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpsiquiatra e política
editar datos en Wikidata ]

Realizou a súa especialidade de Psiquiatría na Clínica López Ibor de Madrid.[1] Foi unha pioneira na investigación e desenvolvemento da integración das persoas con síndrome de Down. En Xenebra traballou estreitamente co Dr. Ajuriaguerra, tamén vasco, especialista en Neuroloxía e Psiquiatría Infantil.

De regreso a España foi a Xefa de Psiquiatría Infantil do Centro para a diagnose e orientación de nenos e adultos con discapacidade intelectual, ADOZ.

Na década dos 90 do século XX foi deputada no Parlamento Vasco polo Partido Nacionalista Vasco, aínda que máis en relación co seu interese profesional por traballar a prol dos discapacitados que polo político.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar