Isabel Aguirre
arquitecta e paisaxista galega
Isabel Aguirre de Urcola, nada en Vilagarcía de Arousa o 9 de marzo de 1937, é unha arquitecta e paisaxista galega.
Isabel Aguirre | |
---|---|
Nacemento | 9 de marzo de 1937 |
Lugar de nacemento | Vilagarcía de Arousa |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade da Coruña |
Ocupación | arquitecta e profesora universitaria |
Premios | Medalla Castelao e Premio María Josefa Wonenburger Planells |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Licenciada en Arquitectura pola Universidade da Coruña. Foi profesora titular na Universidade da Coruña. É membro do Comité de Directores da Escola do European Council of Landscape Architecture Schools. Expuxo na Universidade de Harvard na exposición “Os 15 mellores Paisaxistas de Europa” no ano 2000. Encargouse das obras dos proxectos do Parque Oeste / Vale Grande e do Parque Sul en Lisboa, e do proxecto de rehabilitación de Illa do Cobo ou a Illa das Esculturas en Pontevedra[1]. Dirixe a Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega dende a súa creación en 2008.
Recoñecementos Editar
- Premio Nacional de Arquitectura Manuel de la Dehesa en 1997 pola rehabilitación do Parque de Bonaval en Santiago de Compostela, con Álvaro Siza.
- Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico polo seu traballo de recuperación paisaxística do contorno do Mosteiro de Caaveiro.
- Medalla Castelao en 2018.
Notas Editar
- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Isabel Aguirre de Úrcola". Consultado o 8 de xuño de 2018.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
Ligazóns externas Editar
- Isabel Aguirre de Úrcola (en castelán).
- Entrevista con Isabel Aguirre Arquivado 12 de xuño de 2018 en Wayback Machine. (en castelán).